DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este 24 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro, e no cole quixemos brindarlle a nosa pequena homenaxe...
Na aula de infantil...Sorpresa! Atopamos unha estatua de Rosalía nun xornal que empregamos para cubrir as mesas cando pintamos con témpera. Logo, escribimos o nome de Rosalía nunha libreta moi especial e decoramos a aula e a entrada do cole con debuxos e bordados



Tamén investigamos sobre os retratos (que partes do corpo teñen que verse nun retrato e que partes non saen) e fixemos un retrado de Rosalía. Logo, pintamos debuxos da escritora e colocámolos na árbore da entrada


Na aula do 1º ciclo de primaria fixeron unha Rosalía ao estilo Andy Warhol e fixeron portadas novas das súas principais obras.



Os maiores fixeron un bo traballo de investigación sobre "Has de Cantar"... quedoulles xenial!!



E na Biblioteca tamén traballamos moito!! Cada un lembrou a figura de Rosalia dun xeito distinto... Estamos feitos uns artistas!!

Ata a próxima familias!!


Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer