CONCURSO DE DEBUXO "MURALLA DE LUGO"

As nenas e nenos do cole participamos nun concurso sobre a Muralla de Lugo. Os pequenos fixemos uns debuxos chulísimos e os maiores uns relatos cortos moi interesantes.
Para poder facer os nosos debuxos, na aula de infantil tivemos que investigar que é unha muralla. Primeiro falamos sobre a Muralla de Lugo e vimos varios vídeos nos que ata a puidemos ver dende o aire. Despois de vela e falar sobre ela tocou vivenciala a través das pezas de construcción que temos na clase, pasámolo moi ben, mirade!

Despois de investigar e xogar, comezamos os nosos debuxos! Primeiro na clase e como o mes pasado fixo tan bo tempo sacamos a aula ao patio e acabamos alí as nosas obras de arte. Fixémolas amodiño, repasando e pintando con moito coidado, tardamos uns días pero o quedáron xenial! Na seguinte imaxe podedes ver os debuxos, agardamos que vos gusten!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer