PROXECTO IDADE MEDIA: AS VIDREIRAS

 

Os máis pequechos do cole están mergullados na Idade Media e eles soíños investigan a diario sobre un montón de aspectos que descoñecían e lles parecen fascinantes. 

 

Na clase, manexando libros de castelos pola súa conta, decatáronse de que as súas ventás eran moito máis coloridas que as que hai no cole ou nas súas casas.

 

 

 

Foi así como decidimos investigar un pouquiño sobre o tema, e despois de buscar en cadernos, na rede, na biblioteca... descubriron que esas fermosas ventás se chaman   V I D R E I R A S   e que se fabrican unindo cristais de distintas cores.

A motivación foi tal, que decidimos facer as nosas propias vidreiras empregando cartolina e papeliños de diversas cores para poñer bonita a nosa aula.

Unha vez rematadas colocámolas nas nosas ventás, sobre o recuncho dos castelos, e mirade que fermosura!!

Quedaron chulísimas, e os nen@s moi abraiados ó descubrir o xogo de luces e cores que se proxecta no chan e que co paso das horas se vai movendo, seguro que podedes imaxinar o ben que o pasaron !!

 

 

Agardamos que vos gustara, ata a próxima familias!!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer