Iniciar sesión: Acceso

Educación física

Continuando coa práctica de xogos tradicionais, agora tocoulle a quenda dos birlos. O areeiro do colexio serviunos de espazo de xogo e alí amosaron as súas habilidades e destrezas neste deporte tradicional galego.

Chegando ao final do curso e aproveitando a boa climatoloxía, realizamos no areeiro diferentes xogos tradicionais, como o caliche.

Pero tamén fixemos outro tipo de xogos tradicionais galegos: o tirafungueiro e o varapau.

O alumnado de 1º, 2º e 3º participou nunha sesión de xogo tradicional no areeiro. Alí demostraron as súas habilidades no xogo da petanca. Non só xogaron, senón tamén anotaron os resultados para coñecer a parella gañadora.

Distribuir contido