Escolares

ENTROIDO 2024

Fin de curso 2022 - 2023: Orla

ENTROIDO

UN VÍDEO FEITO CON MALICIA... NOTICIAS.

Como resposta ao vídeo do #DígochoEU que lle enviamos, o presentador do programa de TVG "Malicia Noticias", o gran Arturo Fernández, enviounos este simpático vídeo para saludarnos e amosarnos como é o seu programa dende dentro.

Fíxonos moitísima ilusión e pasámolo xenial vendo o teu vídeo!!

Moitas grazas, Arturo !!

Aquí vos deixamos o vídeo para que disfrutedes tamén con el:

BO NADAL !!!

O CEIP As Nogais deséxavos un Bo Nadal e un Aninovo cargado de paz, saúde e felicidade para tod@s.

Unha aperta moi grande para as nosas nenas e nenos !!!

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como cada 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, un día no que lembramos que durante os outros 364 días do ano debemos seguir rexeitando os comportamentos violentos e irrespectuosos que tristemente seguen ocurrindo na nosa sociedade. Dende o cole de As Nogais berramos moi forte NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO e tinguimos de cor morado o noso patio.

XA TEMOS LOGOTIPO DO COLE !!

 

Despois dunha reñida votación, a comunidade educativa do CEIP As Nogais xa escollemos o logotipo que queremos para o noso cole.

Agardamos que vos guste !!

Festival fin de curso 2019/2020

Festival fin de curso 2019/2020

Hoxe celebramos o noso festival online para despedir este curso.

Vídeo Fin de Curso CEIP As Nogais

Vídeo de fin de curso 2019/2020 do CEIP As Nogais

Como punto final a este curso especial...aquí tedes un vídeo para que desfrutedes!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer