Novas

Proceso de renovación parcial do consello escolar.

CEIP AS NOGAIS

Lg. San Andrés, s/n- 27677 As Nogais

 

 

PROCESO DE RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR.

CURSO 2021/22

FASE DE INFORMACIÓN - IMPLANTACIÓN DA XORNADA ÚNICA

Bo día, familias,

dacordo co disposto na Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada única nos centros educativos, adxuntamos o Proxecto de Xornada Única do CEIP As Nogais, co fin de que teñades toda a información posible ante a votación que terá lugar na segunda semana de febreiro.

Debido a situación actual de pandemia e as restriccións do protocolo COVID19, non convocaremos reunión informativa sobre o proceso, pero quedamos á vosa disposición no teléfono 982870062 ou no correo (ceip.nogais@edu.xunta.gal) para quedar con vós e atendervos individualmente o tempo que precisedes.

Recibide unha forte aperta.

 

BO NADAL !!!

O CEIP As Nogais deséxavos un Bo Nadal e un Aninovo cargado de paz, saúde e felicidade para tod@s.

Unha aperta moi grande para as nosas nenas e nenos !!!

 

SUSPENSIÓN DAS CLASES - VENRES 4/12/2020

Bo día,

como xa sabedes hoxe,  venres día 4/12/2010, SUSPENDEMOS a actividade lectiva por mor da nevada que caeu con máis forza da que se esperaba.

Desfrutade moito desta ponte !!

Apertas a tod@s.

(Nota: a foto non é deste ano...)

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO - ORDE 6/11/2020

ALUMNADO DESTINATARIO:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:


a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

ACTUALIZACIÓN DE PROTOCOLO COVID19 E PLAN DE CONTINXENCIA

Ola familias!!

Vimos de actualizar o Protocolo Covid19 e o Plan de Continxencia do cole, conforme ao que van marcando as autoridades sanitarias e a Xunta. Deixámolos adxuntos, así como o Plan de Ensino Virtual, coas medidas que se adoptarán en caso de corentena ou confinamento total, e tamén as recomendacións que nos fan dende a Xunta para a ventilación correcta das aulas.

Grazas pola vosa responsabilidade e polo voso traballo de prevención impecable ata o de agora. Sigamos así !!!

Nesta páxina da Xunta tedes TODA a información relativa ao COVID19:

https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Reanudación do procedemento de Admisión do Alumnado

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021.
Xúntase a Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 7 de maio

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer