slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

MENÚ DO MES DE XUÑO

Bo día, familias,

adxuntamos o menú deste mes de xuño.

Apertas !!

 

 

RESCATE ANIMAL

Na aula de infantil somos uns verdadeiros protectores da natureza e como nos encantan os animais fixemos unha pequena investigación empregando varios dos contos da nosa biblioteca de aula: Rescate animal, Animais, A pequena eiruga larpeira, O pequeno animalario, Bichos (la vida secreta de los animales)...

Mamíferos, aves, insectos... investigamos e realizamos uns cadernos de campo moi especiais onde debuxamos, escribimos e anotamos cousas interesantes dos animais dos contos.

DÍA DE ELMER

O 25 de Maio conmemorouse o Día de Elmer, un elefante moi especial repletiño de cores, e na aula de infantil decidimos celebralo cunha chea de actividades!

O primeiro que fixemos, como non podía ser de outra maneira, foi ler o conto xuntos. Gustounos tanto que aproveitamos o recuncho da biblioteca para lelo moitas máis veces... como fixeron Valeria e Dilan!

Elmer é un elefante especial, non é gris é multicor! E como nós somos pintoras e pintores expertos, debuxamos e coloreamos a Elmer no recuncho de arte empregando as rotuladores e tamén acuarelas!

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Bo dia, familias,

no seguinte enlace tedes a información para participar no fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

A grandes rasgos, comentarvos que:

- as axudas de material escolar: alumnado que curso en setembro de 2021 de 1º a 6º de primaria

- as axudas adquisición de libros de texto: para alumnado que curse 1º e 2º de primaria en setembro de 2021.

- as axudas de material escolar e fondo libros: para alumnado que curse 3º de primaria en setembro de 2021.

- o alumnado de 4º, 5º e 6º utilizará o libro dixital (E-dixgal).

DE EIRUGAS A BOLBORETAS

Como xa vos decíamos nunha entrada anterior, o noso traballo co conto de Eric Carle foi moi pero que moi completiño. Xa vos ensinamos o modelado de eirugas, o traballo cos números... e agora quédanos amosarvos o ciclo vital da eiruga.
Mirade como descubrimos a transformación dende un ovo diminuto ata una fermosa bolboreta!

A nosa aula encheuse de eirugas estampadas, coloreadas con acuarelas... e por certo, se vos fixades na foto do collage anterior na que saen Mireia e Lucas podedes descubrir o noso novo recuncho de aula! O recuncho de arte, que o estrenamos no mes de abril e do que xa vos falaremos en vindeiras entradas.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das Letras Galegas homenaxeou a Xela Arias, a poetisa rebelde.

Para recordala, o alumnado de educación infantil fixo retratos da autora, escribiu o seu nome e investigou sobre Xela (na web "A Primavera das letras" coñeceron datos interesantes sobre a súa vida e obra poética.)


O alumnado de 1º2º3º de primaria fixeron unha lectura do libro colectivo homenaxe á autora "Quedas en nós" e decoraron o corcho da aula con motivos da celebración dese día.

CERTAME DE DEBUXO E NARRATIVA DAS LETRAS GALEGAS - BIBLIOTECA DE AS NOGAIS

O pasado venres, 7 de maio, aproveitando que tiñamos que entregar os nosos traballos para o Certame de Debuxo e Narrativa do Día das Letras Galegas convocado pola Biblioteca de As Nogais, fixemos unha pequena excursionciña pola vila quenos encantou a tod@s.

O Concello, dan man do seu alcalde, concelleir@s, e resto de traballadores, invitounos a coñecer o seu edificio, e mesmo nos deixaron presidir o pleno de recollida dos nosos traballos, dirixidos pola nova alcaldesa provisional, a nosa compañeira María.

Cando rematou o "pleno", aproveitamos o día para merendar e xogar un pouquiño no parque da vila. Pasámolo xenial !!

CUMPRE DE MARTÍN E XIMENA

As nenas e nenos de infantil estiveron de celebración a pasada semana, nin máis nin menos que dous cumpreanos!!!

A primeira en cumprir foi Ximena, a nosa pequecha, que nos ilumina todas as mañás coa súa sorrisa.

Logo seguiulle Martín, o noso pequeno mozo de 5 anos que recibiu os agasallos dos seus compañeiros/as... Foi o rei da festa!!

Moitos parabéns aos dous, que sigades medrando con ese sorriso que levades sempre posto.

Ata a próxima!!

 

XIRASOIS EN PRIMARIA

...E aproveitando que aínda quedaban sementes de xirasol, preguntámoslles ás nenas e nenos de primaria si lles interesaría facer unha plantación nas súas aulas.

A súa resposta podédela ver nas dúas seguintes imaxes:

 

Encántanos ver como as nenas e nenos disfrutan coas plantas.

Oxalá algo desto que sementamos quede moito tempo nos seus corazóns.

Ata a próxima !!

XIRASOIS EN INFANTIL

Chegou a primavera á aula de infantil! E como non podía ser de outra maneira démoslle a benvida sementando unhas flores moi especiais, os xirasois! Queredes ver todo o que fixemos? pois estade moi atentos!

O primeiro paso foi investigar o que hai que facer para plantar os nosos propios xirasois. E foi moi sinxelo, só tivemos que fixarnos nas instruccións que pon no paquetiño das sementes. Nas instruccións descubrimos que os xirasois teñen que sementarse na primavera, polo que estamos no momento perfecto! 
Xa sabemos que as prantas precisan terra, auga e un chisquiño de sol para nacer e crecer pero non sabíamos que as sementes do xirasol... son pipas! Que sorpresa levamos! 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer