XIRASOIS EN INFANTIL

Chegou a primavera á aula de infantil! E como non podía ser de outra maneira démoslle a benvida sementando unhas flores moi especiais, os xirasois! Queredes ver todo o que fixemos? pois estade moi atentos!

O primeiro paso foi investigar o que hai que facer para plantar os nosos propios xirasois. E foi moi sinxelo, só tivemos que fixarnos nas instruccións que pon no paquetiño das sementes. Nas instruccións descubrimos que os xirasois teñen que sementarse na primavera, polo que estamos no momento perfecto! 
Xa sabemos que as prantas precisan terra, auga e un chisquiño de sol para nacer e crecer pero non sabíamos que as sementes do xirasol... son pipas! Que sorpresa levamos! 
Como xa estaba todo preparado comezamos a sementar: puxemos terra nas macetas, fixemos un buratiño, metemos a semente, tapamos con terra e engadimos auga. Xa sólo nos quedaba agardar!

Como vedes ao sementar caeunos un pouquiño de terra no chan pero non hai problema, entre todos deixamos a aula moi pero que moi limpiña... 
Ademais na imaxe vedes como Lucas rega os xirasois un a un... todos os días a encargada ou encargado de aula ten a responsabilidade de regar e coidar os xirasois, pensades que nacerán todos? Moi prontiño veredes o resultado!

Plantamos xirasois si, pero tamén escribimos, creamos e reflexionamos sobre o proceso mediante actividades impresas e asembleas nas que compartimos as nosas impresións.
Que vos parece? Nós pasámolo xenial pero aínda nos queda unha sorpresa que contarvos relacionada cos xirasois... hoxe non vos imos a adiantar nada pero si que vos damos unha pista: Na nosa aula temos un recuncho novo... con moita arte! 
Ata a próxima familias, biquiños voadores!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer