RESCATE ANIMAL

Na aula de infantil somos uns verdadeiros protectores da natureza e como nos encantan os animais fixemos unha pequena investigación empregando varios dos contos da nosa biblioteca de aula: Rescate animal, Animais, A pequena eiruga larpeira, O pequeno animalario, Bichos (la vida secreta de los animales)...

Mamíferos, aves, insectos... investigamos e realizamos uns cadernos de campo moi especiais onde debuxamos, escribimos e anotamos cousas interesantes dos animais dos contos.

Ademais de traballar a través dos contos recibimos un préstamo que nos fixo moitísima ilusión: unha enorme colección de animais coa que xogamos e aprendemos observando e manipulando. Bolboretas, osos, baleas, serpes, cans, formigas, morcegos, tartarugas... separámolos tendo en conta as distintas especies e organizamolos no recuncho dos animais para poder empregalos sempre que o precisamos. 

Pero non só investigamos sobre os animais, senón que nos estamos convertindo en verdadeiros rescatadores de animais, como no conto "Rescate animal" de Patrick George. No patio axudamos aos insectos que quedan atrapados na zona de cemento, mirade!

A nosa escola é unha escola de paz e protexer e respectar aos animais estamos seguros de que tamén é PAZ!
Para rematar deixámosvos un vídeo de animais "conto cantado por Garrapatea"... unha versión divertida que na clase adaptamos ao galego!
Biquiños voadores familias!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer