DE EIRUGAS A BOLBORETAS

Como xa vos decíamos nunha entrada anterior, o noso traballo co conto de Eric Carle foi moi pero que moi completiño. Xa vos ensinamos o modelado de eirugas, o traballo cos números... e agora quédanos amosarvos o ciclo vital da eiruga.
Mirade como descubrimos a transformación dende un ovo diminuto ata una fermosa bolboreta!

A nosa aula encheuse de eirugas estampadas, coloreadas con acuarelas... e por certo, se vos fixades na foto do collage anterior na que saen Mireia e Lucas podedes descubrir o noso novo recuncho de aula! O recuncho de arte, que o estrenamos no mes de abril e do que xa vos falaremos en vindeiras entradas.
Tamén secuenciamos o ciclo vital seguindo as imaxes do conto, e envolvemos á eiruguiña nunha crisálida moi especial.

E logo de pasar un tempiño dentro da crisálida, este foi o resultado! Unhas fermosísimas eirugas coas que traballamos a simetría e a creatividade.

E para seguir cos trazos, formas e tamaños, fixemos moitos, moitos... moitísimos círculos de cores!
Pasámoslo xenial co conto da eiruguiña, é un dos noso preferidos!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer