slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

O NOSO COLE NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Nesta semana, o noso cole foi protagonista nos medios de comunicación polo seu traballo no eido da dinamización da lingua galega.

Deixámosvos os enlaces das novas publicadas en La Voz de Galicia e no El Progreso (1) e no El Progreso (2) para que as poidades ver.

Que orgullosos estamos das nosas nenas e nenos !!!

PARABÉNS MIREIA !!

Estamos de aniversario! Na aula de infantil temos unha chea de celebracións durante o mes de abril e comezamos cunha moi especial. A nosa compañeira Mireia acaba de cumprir 6 anos, moitas felicidades!

Como xa sabedes este curso as celebracións son un pouco diferentes pero o que non pode faltar é un agasallo compartido para a homenaxeada: un cadro feito con moito agarimo entre todos! A Mireia encantoulle.

UN VÍDEO FEITO CON MALICIA... NOTICIAS.

Como resposta ao vídeo do #DígochoEU que lle enviamos, o presentador do programa de TVG "Malicia Noticias", o gran Arturo Fernández, enviounos este simpático vídeo para saludarnos e amosarnos como é o seu programa dende dentro.

Fíxonos moitísima ilusión e pasámolo xenial vendo o teu vídeo!!

Moitas grazas, Arturo !!

Aquí vos deixamos o vídeo para que disfrutedes tamén con el:

POLO CAMIÑO

No trimestre pasado pasámolo xenial con contiños como Aurelio, Te quiero casi siempre, Iriña bailarina, Coelliño branco e Polo Camiño. Este último axudounos a traballar a seriación ata o 10 para o que empregamos tamén outros materiais de escritura, manipulativos e ata musicais, xa veredes!

Ademais de traballar o concepto de número, a lectoescritura, as seriacións, o conteo e os diferentes trazos co material impreso, fixemos varios xogos cos bits de intelixencia dos números ata o dez. Algún destes xogos ata os fixemos ao aire libre... que sorte temos no noso cole... poder gozar da natureza e dunhas vistas tan bonitas fai que todos os retos sexan máis sinxelos de afrontar! 

CONCURSO DE DEBUXO "MURALLA DE LUGO"

As nenas e nenos do cole participamos nun concurso sobre a Muralla de Lugo. Os pequenos fixemos uns debuxos chulísimos e os maiores uns relatos cortos moi interesantes.
Para poder facer os nosos debuxos, na aula de infantil tivemos que investigar que é unha muralla. Primeiro falamos sobre a Muralla de Lugo e vimos varios vídeos nos que ata a puidemos ver dende o aire. Despois de vela e falar sobre ela tocou vivenciala a través das pezas de construcción que temos na clase, pasámolo moi ben, mirade!

O NOSO PANEL PARA AS MÁSCARAS

Hoxe queremos ensinarvos unha peza moi importante dentro da aula de infantil, importante porque é moi necesaria e importante, e tamén porque foi feita con moito agarimo por Ángeles, a coidadora do cole.

Durante moitos días Ángeles estivo traballando coa súa máquina de coser, xuntando telas con fíos de cores e fixándose moito para que todo quedase perfecto.
Non sabíamos nada, pero un día, entrou na nosa aula e... sorpresa! Fixera para nós un panel para as máscaras! Canto nos gustou e que faciliño era de usar! Mirade, mirade.

#DígochoEU

As nenas e nenos de 4º5º6º do cole andan a mellorar a súa competencia lingüistica, e xunto coa súa titora Carmen ocurríuselles facer unha homenaxe a un programa da RTVG que lles encanta a tod@s:

#DígochoEU !!!

Traballaron moito nel e nótase no resultado. E ademais de divertirse, aprenderon un montón de cousas...

En hora boa polo voso traballo... ou debera dicir "Parabéns"???

Non vos perdades o vídeo !!!

MENÚ DE ABRIL

Bo día, familias,

adxuntamos o noso menú para o mes de abril.

Apertas !!

PROXECTO DO MUNDO POLAR: FOLERPAS E IGLÚS

Xa comezou a primavera e estamos moi ilusionados porque xa estamos iniciando un novo proxecto cheo de cores e animaliños misteriosos. pero como vos decíamos a semana pasada queremos ensinarvos as últimas actividades sobre o mundo polar que realizamos fai xa un tempiño: Folerpas absorbentes e iglú xeométrico.

XENTE PEQUENA FACENDO COUSAS GRANDES

Ao comezo do curso, as nenas e nenos e a comunidade educativa do CEIP As Nogais fixemos unha votación para escoller un logotipo do cole, que agora figura nos membretes das nosas cartas e é a imaxe corporativa na nosa web.

Para amosarlle ao alumnado que a xente pequena é a que cambia o mundo, quixemos sorprendelos poñendo na entrada do cole á bonita árbore que eles escolleran de logotipo, e de paso actualizar a imaxe exterior do centro.

Esa misma tarde, quixeron saír a "estrenalo"...

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer