RESUMO DE NOVEMBRO - O MES DA CIENCIA !!

No mes de novembro celébrouse o "Día da Ciencia en galego" pero na aula de infantil decidimos adicar todo o mes a facer investigacións e experimentos diferentes que nos axudaron a traballar o  pensamento científico de maneira directa. Logo de falar do que sabíamos sobre a ciencia e os dientíficos e científicas (a que se adican, como traballan, que instrumentos empregan...) comezamos.

O primeiro experimento foi: Flores brancas?. Con el descubrimos o proceso mediante o cal as plantas transportan auga e nutrientes dende as raíces ata as demais partes. Neste caso, empregamos flores cortadas, auga e colorante alimentario de cor azul, polo que puidemos comprobar como a auga viaxaba ata os pétalos a través do talo. Encantounos ver como as flores brancas, e ata a de cor rosa, comezaban a poñerse azúis, foi maxia? Non, é ciencia!
Logo seguimos con dous experimentos cos que comprobamos como algúns materiais como o papel ou as esponxas, son absorbentes.
Co experimento "Arco da Vella" observamos como a través do papel absorbente a auga desprazaba as cores do arco da vella ata formar un arco perfecto. Foi moi rápido! E tamén conseguimos mesturar dúas cores primarias (o vermello e o amarelo) ata conseguir o laranxa.

Por último, queremos ensinarvos un experiento chulísimo co que comprobamos e investigamos, por que algúns obxectos flotan e outros afúndense. Como vedes de todos os experimentos elaboramos unhas fichas técnicas coas que recollimos datos como os elementos necesarios para facelos ou os resultados finais... Xa somos unhas científicas e científicos con moita experiencia! 

Ata a vindeira entrada, agardamos que vos gustaran moito as nosas experiencias científicas do mes de novembro!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer