OS NOSOS CONTOS FAVORITOS DE JULIA DONALDSON

Lembrades a entrada das actividades do Samaín na aula de infantil? Pois nela falabamos de dous contos moi divertidos da autora Julia Donaldson: O Grúfalo e ¡Cómo mola tu escoba!

No conto do grúfalo, un ratiño moi riquiño consegue enganar a todos os animais para non acabar na barriga de ningún deles, e como? pois inventando un monstro que a verdade é que daba bastante medo... pero resulta que ese monstro finalmente aparece no bosque e o ratiño ten que pensar a maneira de seguir vivindo tranquilamente e ser respectado por todos os animais. A nós encantounos! E encantounos tamén a canción do Gruffalo cantada pola mesmísima Julia e o seu marido, aquí tedes o vídeo:

Tamén nos divertimos moito con ¡Como mola tu escoba!, un conto con moitas rimas. Nel aprendimos que se nos axudamos todos e traballamos xuntos podemos conseguir moitas cousas, incluso asustar a un dragón! E para que sexa un pouquiño máis facil, fixemos a nosa propia variña máxica con poderes para facer cousas boas. Empregamos folliñas secas porque sabemos que as nosas árbores son realmente máxicas, se nos axudan a protexer a nosa vida como non nos ían a axudar coas variñas...

E xa para acabar por hoxe, unha actividade para traballar os trazos, a direccionalidade, a creatividade e moitas moitas cousas máis, unhas teas de araña de cores!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer