TE QUIERO (CASI SIEMPRE)

O pasado 30 de Xaneiro conmemorouse o Día da Non Violencia e a Paz, e na aula de infantil quixemos adicar toda a semana a falar, aprender e comprender o que significa eso da Paz. Para comezar traballamos un conto de Anna Llenas, a autora do Monstro de Cores: Te quiero (casi siempre)

A través do conto coñecimos a Lolo e Rita, dous amigos que a pesar de ser moi diferentes e de enfadarse algunha que outra vez, respectanse, axúdanse e quérense moito... Claro! que sexamos diferentes non quere decir que non podamos entendernos, e eso, está clarísimo que é Paz.
Como vedes na imaxe de arriba, ademais de ler o conto e debuxar a estes amigos tan especiais, aprendimos a escribir a palabra PAZ, que ten unha vogal e unha sóla sílaba, facilísimo!

Con Lolo e Rita pasámolo xenial, pero a semana deu para moito e fixemos moitas outras actividades. Como vedes realizamos unhas pombiñas brancas empregando témpera branca e as nosas mans. Mirade que ben quedaron na árbore da entrada da escola!
Tamén fixemos uns atrapasoños da paz moi coloridos para que nos axuden a atrapar os soños malos e durmir moi pero que moi ben. Cando durmimos ben e estamos descansados é moito máis sinxelo estar tranquilos e facer cousas boas de Paz (axudar aos compañeiros e compañeiras, escoitar moi atentos os contos, xogar e compartir risas...). A ver se nos axudan os nosos atrapasoños!

Para facelos pintamos uns pratiños de cartón con moitas cores e fixemos o símbolo da paz pegando cinta negra para que destacara moito. Por último decorámolo con cintas, pompóns e coa palabra PAZ que fixemos nunhas cartolinas circulares.
Por último ensinámosvos outras pombiñas de cores que fixemos para decorar a entrada do cole.

Agardamos que vos gustaran moito todas as cousiñas! E sobre todo queremos decirvos co cole das Nogais é un cole de Paz, por eso aínda que celebremos este día dunha maneira moi especial, o día da paz é todos os días!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer