A QUE SABE A LÚA?

Hoxe queremos amosarvos algunhas das actividades que fixemos partindo do conto "A que sabe a lúa?, do autor polaco Michael Grejniec. O conto narra a aventura duns animais moi curiosos que querían averiguar a que sabía a lúa... e como logran o seu propósito? Pois moi sinxelo... axudándose e valorando a todos os animais, dende o máis grande ao máis pequeniño.

O conto ademais de ensinarnos o valor da amizade serve de inspiración para traballar moitos outros aspectos da aprendizaxe: conteo, grafomotricidade, lectoescritura, creatividade... a través de actividades de elaboración propia como as que podedes ver na imaxe anterior.
Traballamos  moito... tanto! que ata elaboramos un escenario para poder escenificar o conto entre todos empregando as imaxes dos animais. Mirade!

A que sabe a lúa? é o primeiro conto relacionado co proxecto das cociñeiras e os cociñeiros que traballamos na aula, a semana que ven descubriremos unha nova historia... esta vez a protagonista será unha eiruguiña moi famenta, seguro que o pasaremos xenial!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer