DESAYUNO DE PRIMAVERA

Hoxe queremos que coñezades un dos contiños que nos acompañou ás nenas e nenos de infantil durante este último trimestre: "Desayuno de Primavera" escrito por Pilar Redondo Benítez e ilustrado por Joana Bruna, unha historia repletiña de sorpresas que remata nunha festa de primavera na que todos os animais degustan unha saborosísima torta de mazá.

Como xa sabedes, durante toto o curso empregamos os contos para traballar a lectoescritura, o concepto de número, a creatividade, a atención... pero esta vez,  aproveitando que o fío conductor do conto era unha apetitosa torta de mazá non puidemos resistirnos a cociñar as nosas propias minitortas.

Por si vos animades a facelas na casa aquí tedes os ingredientes: masa de hojaldre sen glute, unha mazá laminada, un pouquiño de azucre, birutas de chocolate e o ingrediente secreto, canela!
Troquelamos a masa con forma de estrela, engadimos os ingredientes e ata relamos o chocolate, pasámolo xenial! E cando tiñamos todo listo pedimos axuda a Bea para meter as nosas minitortas no forno. A verdade é que estaban deliciosas... e como nos sobrou algo de masa, estirámola e fixemos unha trenza de hojaldre rechea de chocolate mmmm!

Como vedes somos reposteiros e reposteiras de primeira!
E se queredes ver o conto en familia, premede no vídeode "Cuentos en la nube" que tedes a continuación!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer