Skip to Content

Actividades EDLG, Recursos para traballar EDLG

Xogos tradicionais

Co gallo da semana das Letras Galegas en Educación Física estiveron a traballar os xogos tradicionais.

Letras Galegas 2019: Concerto didáctico de Queiroa

Exposición Letras Galegas 2019: Antonio Fraguas.

Guía didáctica: Antonio Fraguas

PREME NA IMAXE PARA VER A GUÍA DIDÁCTICA ELABORADA NO NOSO CENTRO

Carteis Letras Galegas 2019: Antonio Fraguas.

 

PREME NA IMAXE PARA VER OS CARTEIS ELABORADOS NO CENTRO

O Portal da Lingua Galega publica un recurso elaborado no noso centro: O casamento da pulga.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á PÁXINA

Día da Muller: Rosalía de Castro

Para conmemorar o Día da Muller realizamos este mural de Rosalía de Castro, unha das mulleres galegas que mellor nos representa. Decoramos a súa saia con poemas da súa obra.

Rosalía de Castro ao estilo Warhol

Así de fachendoso luce un dos nosos corredores co retrato da autora galega ao estilo Andy Warhol.

Agasallos de libros en galego e flores polo día de Rosalía de Castro

.

Hoxe, en conmemoración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado agasallouse cun libro en galego da Biblioteca e cunha flor, seguindo a proposta da Asociación  de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Rosalía de Castro

O alumnado de 3. º de educación primaria decorou o seu corredor con estes poemas da autora.

Negra Sombra, de Rosalía de Castro

O alumnado de 6. º de educación infantil escoita unha peza interpretada cun poema da autora galega. O PDI de centro deste curso son as artes. E esta rapazada está traballando neste momento os instrumentos (o laúde neste caso). Aproveitamos para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro.

21 de febreiro Día da Lingua Materna

 

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO CONTIDO

 

Na páxina web de Política Lingüística recomendan unha actividade do noso centro para conmemorar o Día da Lingua Materna.

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

PREME NA IMAXE PARA VER O DOCUMENTO

Co gallo do Día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, animamos a todas as familias a sumarse á iniciativa da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega, que consiste en agasallar cun libro en galego. Aquí vos deixamos algunhas recomendacións para as distintas idades.

Marcapáxinas Luis Seoane

Co gallo do Dia das Artes Galegas 2019, dedicadas a Luis Seoane, elaboramos este marcapáxinas. Todo o alumnado decorou o seu e o compartiu cun compañeiro ou compañeira como agasallo para as vacacións de inverno.

CALENDARIO LUIS SEOANE

CALENDARIO LUIS SEOANE

PREME NA IMAXE PARA VER E DESCARGAR O CALENDARIO

CALENDARIO LUIS SEOANE 2019

 

 

 

PREME NA IMAXE PARA VER OU DESCARGAR O ALMANAQUE

Mes da Ciencia en Galego

Aínda que o Mes da Ciencia en Galego xa foi en novembro, no noso centro traballamos tanto que non nos deu tempo a exhibilo antes, así que facémolo agora: o alumnado de 2. º e 3. º de educación primaria realizou diferentes experimentos explicando o seu funcionamento. Aí vos deixamos unha pequena mostra!

MAGOSTO

O EDLG do cole organizou o  magosto que tivo lugar o día 13. Non faltou nin a música, nin as castañas nin os xogos cos carozos.

Moitas grazas ás familias  polas castañas e ás familias que colaboraron para asalas.

 

Coa colaboración do Concello de Sada.

Distribuir contido


by Dr. Radut