Actividades EDLG, Recursos para traballar EDLG

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Ainda que este ano non podes celebrar o Dia Das Letras Galegas todos xuntos, mandámosvos uns recursos, xogos e demais que vos poderán axudar a gozar do día dende a vosa casa!

Tedes os ligazóns no PDF!

Historia de Amendoíña, segundo Andersen. (Adaptación dun poema de Ricardo Carvalho Calero)

 

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega fixemos este conto para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao autor Ricardo Carvalho Calero.

 

Aprende coas mulleres galegas

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO CONTIDO

Contos na lareira.

Xa son varios os grupos que comezan a empregar a lareira como espazo de lectura.

Lareira.

Entre toda a comunidade educativa fomos recopilando distintos utensilios para recrear esta orixinal lareira en relación ao PDI que estamos a desenvolver no centro.

Día das Artes Galegas 2020: Domingo de Andrade.

No vindeiro 2020 Domingo de Andrade é galardoado no Día das Artes Galegas. Para conmemoralo o alumnado decorou este marcapáxinas para despois regallarlo a outro compañeiro. Trátase da Torre do Reloxo da catedral de Santiago de Compostela.

PREME NA IMAXE PARA DESCARGALO 

 

 

 

 

Panxoliña

 

 

"Panxoliña Beatle con pictogramas", elaborada en colaboracións cos EDLG do CEIP Plurilingüe Anxo da Garda e do CEIP de Arteixo.

Rosario de castañas.

A mestra Isabel explícanos como viviu ela de nena a tradición dos rosarios de castañas.

A imaxe da dereita é unha fotografía de David Trillo, extraída de Instagram "orgullo.galego"

Primavera das Letras.

Moi contentos e agradecidos por esta acreditación da Real Academia Galega.

Obradoiro de bonecos e bonecas de millo.

Desde o Equipo de Biblioteca e o EDLG organizamos este obradoiro no que o alumnado confeccionou as súas bonecas e bonecos coas follas secas do millo, recuperando así un xogo tradicional.

Magosto 2019

Onte, celebrouse o magosto no cole organizado polo EDLG, que rematou cuns xogos que preparou o equipo de actividades extraescolares e complementarias.

Agradecer ás familias que viñeron asar as castañas a súa labor, ao grupo "A Meda do Castro" que viñese amenizar o evento, ao Concello de Sada por deixarnos as parrillas e a ASPACE por vin compartir un momentiño do seu tempo con nós.

 

Gañador da palabra do mes de xuño: SARABIA

O gañador deste mes foi Alex De la Fuente Pardiñas, coa palabra "SARABIA".

 Outras palabras finalistas foron: vichelocrego, pexegueiro, ollomol, cachelo, falangueiro, arroutada.

Xogos tradicionais

Co gallo da semana das Letras Galegas en Educación Física estiveron a traballar os xogos tradicionais.

Guía didáctica: Antonio Fraguas

PREME NA IMAXE PARA VER A GUÍA DIDÁCTICA ELABORADA NO NOSO CENTRO

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer