Skip to Content

Actividades curso 2023.24

Rosalía De Castro

Dende esta semana podemos desfrutar dunha exposición de traxes tradicionais cedidos de balde pola Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, dous traxes de gala (home e muller) e dous traxes de época (home e muller). A principal diferencia entre ambos é a súa época sendo o de época máis moderno (aprox. época modernista, finais do s. XIX ou principios do s. XX) e o de gala máis antigo (uns 200 anos atrás). Tamén se observan diferencias na súa ostentosidade, xa que o de gala vestíase en festas, vodas, romarías e cerimonias relixiosas e que hoxe en día levan moitas agrupacións de música tradicional, por iso é polo que sexa o máis coñecido fóra e dentro de Galicia.

Recibos de comedor

Maquetas en 3º EP

Entroido 2024

Mandadiños do meco

Cliquea, comeza a pensar, logo a crear e en todo momento a desfrutar.

 

Día da paz e da non violencia

Calendario 2024- Calendario olímpico

 

Cliquea na imaxe para descargalo.

 

Xornada de portas abertas

Reserva praza no IES O Mosteirón

O alumnado que remata os seus estudos no CEIP Plurilingüe O Mosteirón (6º Ed. Primaria) e desexa continualos no IES adscrito, no IES O Mosteirón deberá solicitar a reserva de praza dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (ED 550A). Se pola contra desexan que vaian a outro instituto deberán agardar ao praza ordinario do 1 ao 20 de Marzo.

A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (imprescindible que sexa asinado en sede electrónica para obter rexistro de entrada, senón non se considera presentado).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente (na secretaría do CEIP Plurilingüe O Mosteirón de 09’00 a 14’00 h.)
 
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude de reserva – anexo I e anexo I-bis (Documento: ED550A) ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras

 
Lembrámoslles que só se pode presentar unha única solicitude.
 
Para calquera dúbida que Vdes. poidan ter (horarios, comedor, rutas de transporte escolar, ...) deberán poñerse en contacto co Instituto “O Mosteirón” (Tlf. 881.880.949)

San Silvestre e Badaladas 2024

Melloras para o colexio

Todo o claustro e persoal non docente estamos inmensamente encantados coa nova que vos poñemos.

A finais do ano 2018 comezamos os contactos coa Xefatura Territorial de Educación para manifestar a nosa preocupación pola cuberta do centro. Logo de varias reunións durante anos para ir vendo diferentes posibilidades e varias accións máis, por fin chegou a noticia máis esperada, no verán de 2024 comezarán os obras.

Bo nadal

25 N

Saída ruta Picasso- 3º Ep

3º EP na Casa das Ciencias

San Silvestre 2023 e Badaladas 2024

Anótate cliqueando na imaxe!

Magosto 2023

Grazas, un ano máis aos avós, Javier e Miguel, xa expertos, no asado das castañas!

Acompañounos nesta xornada A agrupación musical Queiroa.

Logo da degustación de castañas, tiveron as magostolimíadas, que neste caso eran sobre o peón ou peonza, para a cal estivemos practicando moito!

 

Paraolimpíadas- Desafiando barreiras con Hefesto

Colaborando coa universidade de A Coruña, o alumnado de estuda O Grao de Ed. Primaria mención en ed. física xunto coas súas mestras preparou ao alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria unhas paraolimpíadas moi didácticas e divertidas.

Moitas grazas!!

 

Hotel Vila Monste- Irón

Distribuir contido


by Dr. Radut