Skip to Content

Reserva praza no IES O Mosteirón

O alumnado que remata os seus estudos no CEIP Plurilingüe O Mosteirón (6º Ed. Primaria) e desexa continualos no IES adscrito, no IES O Mosteirón deberá solicitar a reserva de praza dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (ED 550A). Se pola contra desexan que vaian a outro instituto deberán agardar ao praza ordinario do 1 ao 20 de Marzo.

A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (imprescindible que sexa asinado en sede electrónica para obter rexistro de entrada, senón non se considera presentado).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente (na secretaría do CEIP Plurilingüe O Mosteirón de 09’00 a 14’00 h.)
 
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude de reserva – anexo I e anexo I-bis (Documento: ED550A) ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras

 
Lembrámoslles que só se pode presentar unha única solicitude.
 
Para calquera dúbida que Vdes. poidan ter (horarios, comedor, rutas de transporte escolar, ...) deberán poñerse en contacto co Instituto “O Mosteirón” (Tlf. 881.880.949)

AnexoTamaño
Solicitude galego.pdf1.23 MB
Solicitud castellano.pdf1.34 MB


page | by Dr. Radut