Skip to Content

Rosalía De Castro

Dende esta semana podemos desfrutar dunha exposición de traxes tradicionais cedidos de balde pola Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, dous traxes de gala (home e muller) e dous traxes de época (home e muller). A principal diferencia entre ambos é a súa época sendo o de época máis moderno (aprox. época modernista, finais do s. XIX ou principios do s. XX) e o de gala máis antigo (uns 200 anos atrás). Tamén se observan diferencias na súa ostentosidade, xa que o de gala vestíase en festas, vodas, romarías e cerimonias relixiosas e que hoxe en día levan moitas agrupacións de música tradicional, por iso é polo que sexa o máis coñecido fóra e dentro de Galicia.



page | by Dr. Radut