Skip to Content

O noso cole ao longo do tempo

Para poder coñecer a historia do noso centro temos que remontarnos aos seus inicio que data sobre o ano 1953; pero o seu uso era diferente ao de agora, xa que no comezo da súa andaina o obxectivo era o de acoller aos fillos dos mariñeiros que faleceron no mar. Así pois, comeza a funcionar co nome de "Carmen Polo De Franco"

Co paso dos anos foi evolucionando  e, esta residencia, dependente do Instituo Social da Marina, foi ampliado para dar acollida a 500 rapazas grazas á Mutualidade de Accidentes do Mar e do Traballo. 

A xestión nos seus inicios corría a cargo dunha comunidade relixiosa de Sevilla. Gracias e eles temos no cole o denominado "patio andaluz", no que xogan maiormente os nenos e nenas de educación infantil, dado que, foi contruído con azulexos típicos de Sevilla.

A partir dos anos 70, este internado e escola recibía tamén a rapaces.

No ano 1981 o centro pasa a denominarse "O Mosteirón".

Co paso do tempo, nos arredores de Sada e doutras localidades (dado que asistían nenas e nenos de diversos lugares de España) comezan a contruirse e porse en funcionamento diversos colexios públicos e o número de alumnado comezou a mermar dado que,  o alumnado tiña aceso a estos centros máis preto da casa. Así pois o centro tamén, pola súa banda, comeza a adminitir a alumnado en réxime externo.

Posteriormente, pechouse o internado, quedando en funcionamento o colexio.

Sobre o ano 1998, refórmase o edificio para adaptalo ás novas inquedanzas, e poder atender, deste xeito ao alumnado cunha mellor calidade educativa.

Unha nova transformación deste centro ten cabida no ano 2006, no que o Instituto Social da Marina traspasa as instalacións e o persoal do centro á Xunta de Galicia. No 2008 o centro divídese en dous. O Instituto de Educación Secundaria Obligatoria e o Colexio de Educación Infantil e Primaria.

Actualmente o centro educativo, é un centro plurilingüe, no que os nenos e nenas a partir de primeiro de educación primaria reciben unha ensinanza na que, ademáis da asignatura de inglés , impartese unha ou máis materias nesa lingua (dependendo do curso).

Conta con 3 aulas de educación infantil, onde a rateo ronda os 25 alumnos/as e con 12 aulas en educación primaria, na que a rateo máxima aproximada ronda os 20 alumnos/as.

Para atender a este alumnado contase cun total de 25 mestres/as con especialidades en educación primaria, infantil, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe, inglés, educación fisica, educación musical e francés, así como unha orientadora.

O centro participa en diversos programas, algúns deles considerados como innovación educativa: Voz Natura, Plans Proxecta, Abalar e fórmanse grupos de traballo para investigar sobre diversas metodoloxías innovadoras.

Destacar tamén, que ao longo do curso 2016/2017 todo o profesorado desenvolve co seu alumnado un proxecto de centro relacionado coa época Modernista.



blog | by Dr. Radut