Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

 Hoxe saíu publicada a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B). O prazo de presentación da documentación tanto para a axuda de material como de fondo do libros comeza mañá ,día 21 de maio, e abrangue ate o día 21 de xuño.

Deberedes presentar as solicitudes nos medios que indica a propia orde:

Este formulario (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

 b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Así mesmo, a aplicación informática permitiralles aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.

5. A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

Quen queira pode recoller o formulario no despacho da administrativa. Tamén se pode imprimir do documento adxunto ( solicitude Fondo Libros), senón se quere tramitar online.

Aconsellamos ás familias que por renda non lle asignarían ningún libro, que, fagan a solicitude igual nos cursos de 3º e 4º. Dado que en terceiro hai libros dalgunhas materias para todos e en 4º de primaria de algunha tamén.

Por outra banda a devolución de libros farase o día 17 de xuño, coa finalidade de axilizar os tramites no proceso.

 

AnexoTamaño
Convocatoria 19.20.pdf1.16 MB
Solicitude Fondo Libros.pdf2.32 MB


blog | by Dr. Radut