Hoxe tivemos no cole un concertazo, o grupo "Eu son band" (cliquea para ver a sua web), creado na Fundación Eu Son, veu ao noso colexio tocar. Un impulso máis para o noso proxecto das artes e un pasiño máis para favorecer a inclusión e que así, se faga visible para todo o alumnado.
A actuación estivo acompañada dos acordes de Iván, pai dun alumno do cole, quen nos propuxo esta fermosa actividade.
Moitísimas grazas! Mosteirón está inmensamente agradecido.