Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18 (DOG Núm. 96 do 22/05/2017)

 

Lugar e prazo de presentación: (art. 10 e art. 11) Solicitude na secretaria, no documento adxunto e no enderezo https://sede.xunta.gal (código de procedemento: ED330B). O prazo de presentación iniciarase o 23 de maio e rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído) e presentarase no Colexio.

Documentación a presentar: (art. 13) – Orixinais e copias
Ø  Membros computables da unidade familiar. Achegará copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2015, poderán acreditar o número de membros utilizando, ente outros, algún dos seguintes medios: 1º.- Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor., 2º.- Certificado ou volante de convivencia, 3º.- Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello onde resida a familia, 4º.- Certificado de defunción.
Ø  Grao de discapacidade. Achegará o certificado acreditativo do grao de discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación. O grao de discapacidade igual ao 33 % tamén se poderá acreditar coa resolución do INSS de recoñecemento dunha pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou coa resolución de recoñecemento dunha pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, cando non autorice a consulta telemática.
Ø  No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.
 
Membros computables da unidade familiar a 31 de decembro de 2015(art. 4)
Ø  Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores, do alumnado
Ø  Os/as fillos/as menores de idade, con excepción dos emancipados
Ø  Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
Ø  Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar
Ø  A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida
Ø  A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a
 
Cálculo da renda per cápita familiar: (art. 3)
Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2015 entre o número de membros computables. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda de 2015, para os efectos do cálculo da renda familiar sumarán os recadros 380 e a 395 da declaración
Se algunha persoa ten discapacidade igual ou superior ao 33 %, contará como se foran dúas persoas (unha familia de tres membros, se un é discapacitado, dividimos entre catro e non entre tres)

Artigo 2 Fondo solidario
3º, 4º, 5º e 6º Primaria
Axuda libros texto
1º e 2º Primaria
Axudas material
Toda Primaria
Renda per cápita igual ou inferior a 5.400 € 6 libros de texto 170 € 50 €
Renda per cápita entre 5.400 € e 9.000 € 4 libros de texto 90 €  
AnexoTamaño
anexo_i_-_ed330b_-_solicitude_1.pdf2.2 MB


blog | by Dr. Radut