Skip to Content

Blogue de Paloma Rayón

PRESENTACIÓN DO CLUBE DE TAEKWONDO SADA NO MOSTEIRÓN

25N CAMIÑO AO RESPECTO

Celebrando o día internacional contra a violencia de xénero, sumámonos ao percorrido "Camiño ao respecto", no tempo da milla diaria. Aínda que algúns grupos tiveron que postponelo por mor da metereoloxía. 

BALÓN DE OURO 2021

Noraboa aos premiados do balón de ouro, en especial a Alexia Putellas, a segunda persoa española en conseguir este importante e recoñecido premio no mundo do fútbol. 

CAS_ Club Atletismo Sada

C.A.S. No CEIP Plurilingüe O Mosteirón estamos moi agradecidos pola axuda recibida do Clube de Atletismo de Sada. Con eles comezamos a nosa San Silvestre e nas catro edicións celebradas, sempre estiveron dispostos e dispostas a colaborar connosco na preparación e realización do evento. Xa sabedes que no centro temos a actividade extraescolar de Atletismo, pero por si non podedes asistir no cole o alguén máis da familia ten interese en coñecer o clube, deixámosvos o enlace a súa páxina web. Por certo, este ano retomamos a celebración da San Silvestre... Preparad@s, list@s... para o 21 de decembro! 

LA ENSALADA

Non pode faltar o super éxito da carreira ENKI 2021 no CEIP Plurilingüe O Mosteirón...

"LA ENSALADA"

MerequetÉ

Emoji pictionari Thanksgiving edition

Para celebrar o Thanksgiving deixamos un video para facer un pouco de actividade física e resolver adiviñas a través de emoticonas. 

 

For celebrating Thanksgiving we´ll present you a video to practice physical activity, guessing what emojis can express. Have fun! 

Froitas, verduras e legumes... Por qué?

Deixamos un interesante artigo sobre o importante que é alimentarse adecuadamente.Leémonos!

Dame 10!

Dame 10! Preme no enlace para acceder a diversos recursos nos que poderás dar descanso a tua mente e revitalizala cun pouco de exercicio. 

Espazos activos

Galicia activa No enlace poderedes atopar recursos activos na zona de Sada e noutras partes de Galicia.

Patios dinámicos 20-21

Rutas por Sada

Neste apartado presentamos actividades que podedes realizar en familia. Buscando, ademáis de que compartades tempo de calidade, que incrementedes a actividade física de toda a familia. Para comezar adxuntamos uns folletos que baixamos da páxina web do Concello, nos que aparecen roteiros tanto urbanos como naturais en Sada. Para todos os gustos tanto dos urbanitas como dos que gozan da natureza. Non vos parecen unhas fantásticas opcións? Máis aínda, agora que non podemos sair dos nosos Concellos.Xa nos contaredes as vosas experiencias. Saúdos! 

Warm Up - Quecemento de "the PE Specialist"

VS Battle One. From PE Bowman

Para aproveitar a movilizar o corpo e darlle oxíseno á mente, adxuntamos uns vídeos de diferentes canles de youtube para realizar descansos activos. 

Non esquezades facer un pequeno quecemento antes de comezar co vídeo, este é de alta intensidade. 

Ánimo!!!

 

Almorzos e merendas saudables

Benvidas familias ao recuncho de propostas saudables na alimentación. Como ás veces resulta complicado pensar en opcións sans e variadas para que as nenas e nenos traigan ao cole, adxuntámosvos algunhas propostas de duas fontes distintas. Esperamos que sexan de utilidade! 

Enquisa Patios Dinámicos. Precisamos a vosa axuda!

Estimadas familias, 

Necesitamos a vosa colaboración para levar a cabo o Proxecto "Patios Dinámicos", no que buscamos dar opcións de ocio a todo o alumnado do centro e xogar en prol da integración.

O que tedes que facer é animar ás vosas fillas e fillos a que cubran a seguinte enquisa e axudalos a respondela no caso de que sexa necesario.

ENQUISA PATIOS DINÁMICOS (Cliquear no enlace)

Moitas grazas por participar!

O Equipo  do GT "Patios Dinámicos"

25N O CAMIÑO AO RESPECTO

25N O Mosteirón Camiñando cara o Respecto

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA 2020

DÍA DA EDUCACIÓN FISICA NA CASA.

Distribuir contido


by Dr. Radut