EXPOSICIÓN DE CABAZAS POLO SAMAÍN

Sen lugar a dúbidas as familias derrochan imaxinación. Cada ano son máis bonitas e creativas as cabazas dos nosos rapaces e rapazas. 

Moitas grazas ás familias e a todos os nosos nenos e nenas polo voso esforzo e a vosa marabillosa colaboración. Superástesvos!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CELEBRANDO O MAGOSTO

Hoxe todo o alumnado do centro, xunto cos mestres e mestras, saímos ao Souto de Gunxel a celebrar o Magosto. Os máis pequenos foron no autobús pero os cursos de primaria demos unha bonita camiñata aproveitando o bo tempo. Alí fixemos xogos tradicionais, tomamos o xantar e, de postre, non podían faltar as castañas asadas. Un día para lembrar!

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES - PABLISIMO

Alter dedo

                  O martes 24 de outubro, co gallo do Día das bibliotecas escolares, o alumnado do noso centro

                          acudirá á representación "PABLISIMO" no salón de actos do Concello da Capela.

 

 

 

 

 

 

 

13 DE OUTUBRO - DÍA NON LECTIVO

Lembramos, tal e como se comunicou nas reunións de principio de curso, que

o próximo 13 de outubro será día non lectivo escollido polo centro; polo tanto no haberá clase.

 

 

COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA PARA O CURSO 2023/2024

O luns 2 de outubro dan comezo as actividades extraescolares organizadas pola ANPA deste centro.

Formáronse grupos para Cociña, Robótica, Inglés e Baile Moderno. O horario das actividades é o seguinte:

 

  LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

 

 

 

  

COCIÑA

(15:30h a 17:00h)

  

ROBÓTICA

(15:30h a 17:00h) 

INGLÉS

(15:30h a 17:00h) 

BAILE MODERNO

(15:30h a 17:00h)

 

 

 

       

 

 

 

APERTURA PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIIVA DO CENTRO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NO COMEDOR CURSO 2017/2018

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Mosteiro de Caaveiro, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2017/2018

 

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo do curso 17/18, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 20 de setembro de 2017, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2017.

Durante o curso escolar 2017/2018 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas

INICIO CURSO ESCOLAR 2017/2018

O próximo luns 11 de setembro comezarán as clases no CEIP Mosteiro de Caaveiro.

Lembramos que o horario escolar será o seguinte:

- 9.30h a 14.30h xornada lectiva

- 14.30 a 15.30 comedor escolar

- 15.30 saída do transporte 

* Os martes o comedor escolar prolongarase ata as 16.15h, con servizo de transporte a continuación.

 Lembrade que o alumnado de 4º de Infantil (3 anos), conforme á lei, iniciará o período de adaptación seguindo as indicacións feitas pola titora na reunión coas familias.

Recomendamos que o alumnado traía unha pequena merenda saudable para tomar no recreo.

 

* NOTA: A empresa concesionaria de transporte comunica que as rutas e horarios dos autobuses non sufriron ningún tipo de modificación.

LISTADO DE MATERIAL E LIBROS PARA O CURSO 2017/2018

A continuación detállanse os listados de libros e materiais para o curso 2017/2018.

MATERIAL 1º DE PRIMARIA

MATERIAL 2º DE PRIMARIA

MATERIAL 3º DE PRIMARIA

MATERIAL 4º DE PRIMARIA

MATERIAL 5º DE PRIMARIA

MATERIAL 6º DE PRIMARIA

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO

LEMBRAMOS QUE 5º E 6º DE PRIMARIA NON PRECISAN MERCAR LIBROS AO ESTAR O NOSO CENTRO DENTRO DO PROGRAMA EDIXGAL.

 

FIN DE CURSO E IMPACTO ACADÉMICO NAS PONTES

"Reunidos os equipos directivos dos IES Moncho Valcarce e Castro da Uz, dos CEIP's A Magdalena, Santa María, A Fraga e Mosteiro de Caaveiro de A Capela, manifestamos o noso total desacordo co peche do CPI Monte Caxado, ca redistribución do alumnado de secundaria e coa incertidume creada nos centros da Vila de As Pontes cara ao futuro. Igualmente estamos en desacordo coa supresión dun mestre no Mosteiro de Caaveiro."

Distribuir contido