LISTADO DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2016/2017
A continuación detállase o listado de material escolar para o próximo curso 2016/2017. En breve se irán incorporando o niveis que faltan.
LISTADO DE LIBROS (OLLO EN INFANTIL, MATEMOLA NON. A mestra de infantil xa comunicou esta nova ás familias telefonicamente.
RESULTADO DA VOTACIÓN SOBRE A XORNADA CONTINUA
O resultado das votacións celebradas no día hoxe, martes 14 de xuño de 2016, para a nova xornada continua foi o seguinte:
- Votos a favor _ 50
- Votos en contra _ 13
MARTES 14 de xuño, VOTACIÓNS PARA A XORNADA LECTIVA
O próximo martes 14 de xuño, en horario de 9.00h a 17.00h, celebraranse as votacións para a elección da nova xornada lectiva. O lugar das votacións será o Telecentro/Biblioteca.
APES AGASÁLLANOS CON CATRO BICIS SOLIDARIAS
APES (Asociación para a prevención da exclusión social) vén de agasallar á nosa escola con catro bicicletas solidarias, que serán utilizadas nos recreos polos nenos e nenas de Educación Infantil.
Puxeron en marcha un proxecto ( "Cadeas solidarias"), no que un grupo de reclusos do centro penitenciario de Pereiro de Aguiar recuperou un lote de 20 bicicletas que
Desde o CEIP Mosteiro de Caaveiro agradecemos esta oferta, baseada nun traballo real, en cadea, con protagonismo da escola, da prisión, da administración pública, da entidade social e da comunidade.se atopaban en mal estado. Contaron coa colaboración de voluntariado de centros escolares de Ourense.
REUNIÓN INFORMÁTICA SOBRE A NOVA XORNADA LECTIVA
Comunícase que o próximo mércores 8 de xuño, ás 15.30h. a dirección deste centro celebrará unha reunión informativa con todas as familias do centro para aclarar posibles dúbidas sobre a nova xornada.
CENSO PARA AS VOTACIÓNS DA NOVA XORNADA
Publícase o censo de pais, nais ou titor/as que poderán participar na votación da nova xornada lectiva o próximo martes 14 de xuño, entre as 9.00h. e as 17.00h. Tamén queda exposto no Taboleiro de anuncios do centro para a súa consulta. Disponse de cinco días de reclamacións.
Para consultar o censo online, picar aquí.
INFORMACIÓN PARA A POSIBILIDADE DE APROBAR A XORNADA CONTINUA PARA O CURSO 2016-17
REQUISITOS
1. Acordo do consello escolar, por maioría dos tres quintos dos seus membros.
2. Acordo do claustro de profesoras e profesores por maioría dos tres quintos dos seus membros.
3. Informe favorable do Servizo de Transportes da delegación provincial.
4. Acordo favorable do 58 % do total do censo das nais, pais ou titores legais do alumnado. Para os
efectos de establecer o total do censo, computaranse a nai ou o pai ou un dos titores legais do
alumnado da etapa en que se pretende cambiar a xornada.
5. Plan específico de actividades extraescolares.
HORARIO QUE SE PROPÓN:
O horario lectivo que se propón é de 9:30 a 14:30
O profesorado cumprirá co resto do seu horario de permanencia no centro por quendas,
en horario de tarde, posibilitando que o Centro e as súas instalacións permanezan abertas
para a realización das actividades extraescolares programadas, de 15:30 a 17:30.
PROXECTO (clicar para abrir o documento)
HORARIO MES DE XUÑO
Comunicamos a todas as familias do centro que a partir do vindeiro mércores 1 de xuño, empezaremos co horario de verán.
Igual que no mes de setembro, será xornada continuada con servizo de comedor, quedando o horario do seguinte xeito:
- Horario de clases: 9.30 a 14.20h.
- Horario de comedor: 14.20 a 15.15h.
O transporte pasará polas paradas pola mañá 15 minutos antes, e á tarde unha hora antes do horario habitual.
Como a hora do xantar se atrasa, poden traer unha pequena merenda saudable para tomar no recreo.
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2016-17
Con data 16 de maio de 2016, publicouse a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e onde se convocan as axudas para a adquisición dos libros de texto e material escolar para o curso 2016-17, para todo o alumnado de centros sostidos con fondos públicos.
O FONDO SOLIDARIO está vixente nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, e 1º e 3º da ESO para o vindeiro curso.
As AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO están destinadas ao alumnado que curse 1º ou 2º de Primaria, e 2º e 4º da ESO no curso 2016-17.
As AXUDAS PARA MATERIAL son para o alumnado de todos os cursos que cumpran as condicións fixadas na devandita orde.
Podedes consultar as bases e a convocatoria no portal da Consellería,
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988
ou no DOGA correspondente
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160516_axudas_libros.pdf
As instancias pódense recoller no centro (unha por cada alumno/a) ou descargar no
enderezo http://edu.xunta.es e presentaranse no centro de novo xunto co resto da documentación para a súa tramitación.
O prazo para presentalas é do 18 de maio ata o 23 de xuño , aínda que para axilizar os trámites e poder entregar os vales correpondentes canto antes pregámoslles as entreguen na Secretaría do centro o máis pronto posible neste mes de maio , en horario de 12:15 a 13:05 horas .
O alumnado que o vindeiro curso 2016-2017 curse 1º e 2º de primaria pode solicitar axudas para libros e para material . Os que cursen 3º e 4º poden solicitar participar no fondo solidario e tamén poden pedir a axuda para material . Por último , os/as alumnos/as que vaian cursar 5º e 6º soamente poden solicitar axudas para material , pois ao estar no proxecto EDIXGAL non precisan libros de texto .
CONTÍA DAS AXUDAS
Adquisición de libros de texto:
Renda per cápita familiar ata 5.400 € : 170 €
Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000 € : 90 €
Adquisición de material escolar:
Renda per cápita familiar ata 5.400 € : 50 €
A renda per cápita familiar é a suma das casillas 430 e a 445 da declaración de 2014 de cada membro computable dividida entre o nº de membros da familia.
DOCUMENTACIÓN a presentar con validez na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
·
SOLICITUDE
·
Copia da seguinte documentación:
- Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, o día 31 de
decembro de 2014, non coincide coa reflectida no libro terá que presentarse
documento ou documentos que acrediten os membros da unidade familiar, tales como:
- Orixinal ou copia compulsada da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou
o convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
- No caso de discapacidade do/a alumno/a, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse copia compulsada de un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia o 31 de decembro de 2014:
- Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha
porcentaxe igual ou superior ao 33%.
- Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de
incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
- Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha
pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou
inutilidade.
Artigo 14. Obrigas dos beneficiarios
A concesión da axuda comporta as seguintes obrigas:
a) Seguir as directrices que marca a orde da convocatoria e destinar o importe da axuda na súa integridade á adquisición dos libros de texto e de material escolar propios do curso académico para o que se solicitou a axuda, segundo a relación que, para tal efecto, teña publicado o centro onde estea matriculado o alumnado.
b) Cooperar coa Administración educativa en cantas actividades de inspección e verificación leven a cabo, para asegurar o correcto destino da axuda.
c) As establecidas para os beneficiarios no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Conservar en bo estado os libros de texto adquiridos con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2016/17 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros), que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos como medida que favoreza o establecemento dun sistema de socialización do seu uso.
(Exclúese desta obriga o alumnado beneficiario de 1º e 2º de primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, nos casos en que o material adquirido con cargo a axuda non poida ser reutilizado).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »