FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2016-17

Con data 16 de maio de 2016, publicouse a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e onde se convocan as axudas para a adquisición dos libros de texto e material escolar para o curso 2016-17, para todo o alumnado de centros sostidos con fondos públicos.

O FONDO SOLIDARIO está vixente nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, e 1º e 3º da ESO para o vindeiro curso.

As AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO están destinadas ao alumnado que curse 1º ou 2º de Primaria, e 2º e 4º da ESO no curso 2016-17.

As AXUDAS PARA MATERIAL son para o alumnado de todos os cursos que cumpran as condicións fixadas na devandita orde.

Podedes consultar as bases e a convocatoria no portal da Consellería,

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

ou no DOGA correspondente

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160516_axudas_libros.pdf

As instancias pódense recoller no centro (unha por cada alumno/a) ou descargar no

enderezo http://edu.xunta.es e presentaranse no centro de novo xunto co resto da documentación para a súa tramitación.

O prazo para presentalas  é do 18 de maio ata o 23 de xuño , aínda que para axilizar os trámites e poder entregar os vales correpondentes canto antes pregámoslles as entreguen na Secretaría do centro  o máis pronto posible neste mes de maio , en horario de 12:15 a 13:05 horas .

O alumnado que o vindeiro curso 2016-2017 curse 1º e 2º de primaria pode solicitar axudas para libros e para material . Os que cursen 3º e 4º poden solicitar participar no fondo solidario e tamén poden pedir a axuda para material . Por último , os/as alumnos/as que vaian cursar 5º e 6º soamente poden solicitar axudas para material , pois ao estar no proxecto EDIXGAL non precisan libros de texto .

 

CONTÍA DAS AXUDAS 

Adquisición de libros de texto:

Renda per cápita familiar ata 5.400 € : 170 €

Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000 € : 90 €

Adquisición de material escolar:

Renda per cápita familiar ata 5.400 € : 50 €

 

A renda per cápita familiar é a suma das casillas 430 e a 445 da declaración de 2014 de cada membro computable dividida entre o nº de membros da familia.

DOCUMENTACIÓN a presentar con validez na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

·        

SOLICITUDE

·        

Copia da seguinte documentación:

  • Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

     Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, o día 31 de     

     decembro de 2014, non coincide coa reflectida no libro terá que presentarse

    documento ou documentos que acrediten os membros da unidade familiar, tales como:

   - Orixinal ou copia compulsada da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou   

      o convenio regulador onde conste a custodia do menor.

   - Certificado ou volante de convivencia.

   - Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

  • No caso de discapacidade do/a alumno/a, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse copia compulsada de un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia o 31 de decembro de 2014:

   - Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha

      porcentaxe igual ou superior ao 33%.

        -  Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de

           incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou

        -  Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha

           pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou

           inutilidade.

 

Artigo 14. Obrigas dos beneficiarios

A concesión da axuda comporta as seguintes obrigas:

a) Seguir as directrices que marca a orde da convocatoria e destinar o importe da axuda na súa integridade á adquisición dos libros de texto e de material escolar propios do curso académico para o que se solicitou a axuda, segundo a relación que, para tal efecto, teña publicado o centro onde estea matriculado o alumnado.

b) Cooperar coa Administración educativa en cantas actividades de inspección e verifi­cación leven a cabo, para asegurar o correcto destino da axuda.

c) As establecidas para os beneficiarios no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

d) Conservar en bo estado os libros de texto adquiridos con cargo ao importe das axu­das, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2016/17 (xuño ou setembro, se­gundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros), que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos  como medida que favoreza o establecemento dun sistema de socialización do seu uso.

 

(Exclúese desta obriga o alumnado beneficiario de 1º e 2º de primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, nos casos en que o material adquirido con cargo a axuda non poida ser reutilizado).

AdxuntoTamaño
Axudas libros e material (1).pdf1.04 MB