EXPOSICIÓN DE CABAZAS POLO SAMAÍN

 

 

 

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA INESTIMABLE COLABORACIÓN. UN TRABALLO ADMIRABLE!

REANUDACIÓN DAS CLASES

Lembramos ás familias que o próximo luns 31 de outubro, Día do Ensino, non é lectivo. Tampouco o será o próximo mércores 2 de novembro, día non lectivo elexido polo centro.

As clases reanudaranse o próximo xoves 3 de novembro, no horario habitual.

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O próximo luns 24 de outubro iníciase o proceso para a renovación parcial dos representantes no Consello Escolar do noso centro. Nesta convocatoria teremos que renovar dous representantes do profesorado e un dos pais, titores ou representantes legais do alumnado.

O vindeiro xoves 27 de outubro, ás 12.00h. celebrarase no noso centro o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral para as Eleccións ao Consello Escolar que se celebrarán proximamente.

Dende o equipo directivo animámos a presentar as candidaturas e a participar na votación.

APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR NA TARDE

O próximo 3 de outubro ábrese a Bibliteca Escolar no horario da tarde

A biblioteca estará aberta de 15:30h a 17:30h toda a semana, agás os martes.

As normas de biblioteca publicaranase, proximamente nesta web, aínda que xa están a disposición das familias.

s.

AVISO DO COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLAES ORGANIZADAS POLA ANPA

 

O próximo 3 de outubro dan comenzo as actividades extraescolares organizadas pola ANPA deste centro. Só se formaron grupos para as actividades de Robótica, Debuxo e Pintura e Baile Moderno.

O horario das actividades será o seguinte:

HORARIO              
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

 

15.30h a 16.30 h.

 

 

Robótica

(INFANTIL ata 3º primaria)

 

Debuxo e Pintura

 

Robótica

(4º a 6º de EP)

  Baile Moderno

* Para calquera dúbida, o teléfono da ANPA é o 638 957 633

 

 

 

 

 

 

 

 

12 DE SETEMBRO, INICIO DO CURSO ESCOLAR

O próximo luns 12 de setembro comezarán as clases no CEIP Mosteiro de Caaveiro.

Lembramos que o novo horario escolar, con xornada continuada, será o seguinte:

- 9.30h a 14.30h xornada lectiva

- 14.30 a 15.30 comedor escolar

- 15.30 saída do transporte 

* Os martes o comedor escolar prolongarase ata as 16.15h, con servizo de transporte a continuación.

 

Recomendamos que o alumnado traía unha pequena merenda saudable para tomar no recreo.

APERTURA DO PLAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES DE COMEDOR CURSO 2016/2017

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Mosteiro de Caaveiro, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2016/2017

 

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo de curso 16/17, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 20 de setembro de 2016, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2016.

Durante o curso escolar 2016/2017 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas

ÁFRICA ACHÉGASE ATA A CAPELA

 

            O sábado, 18 de Xuño de 2016, tivemos a sorte de contar por primeira vez, e durante todo o día, na nosa escola, cun grupo de persoas africanas. Achegáronse uns corenta representantes da comunidade de Cabo Verde, residentes en Burela.

         Foi unha actividade programada polo Proxecto Brinquedos, actividade presente na escola desde hai dez anos, que tén por obxectivo educar en valores por medio dos xogos tradicionais.

         Durante o curso, o noso alumnado traballou investigando sobre a xeografía, historia, tradicións, gastronomía e o patrimonio lúdico dese país africano.

         Durante esa xornada houbo unha convivencia entre profesorado, nenas, nenos e familias da Capela, así como persoas de Cabo Verde residentes en Burela.

         Pola mañá realizouse un intercambio de xogos dos dous países e unha mostra de cancións e bailes das dúas comunidades. Á hora de xantar convidamos no noso comedor escolar ás persoas asistentes de Cabo Verde. Posteriormente realizouse unha visita guiada á colección de xogos e xoguetes “Brinco”, que temos na nosa escola. Finalizamos o día con outra visita dirixida, no Museo etnográfico da Capela.

             Agradecemos a desinteresada participación desas mulleres, homes, nenas e nenos de Cabo Verde, así como a presenza do noso profesorado, dos nosos nenos e nenas e das familias que estiveron presentes ao longo da xornada. 

 

 

 

NOVO TELÉFONO DO CENTRO

NOVO TELÉFONO DO CENTRO: CONSERXERÍA E SECRETARÍA - 881938153

LISTADO DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2016/2017

A continuación detállase o listado de material escolar para o próximo curso 2016/2017. En breve se irán incorporando o niveis que faltan.

MATERIAL PARA PRIMEIRO CURSO

MATERIAL PARA QUINTO CURSO

MATERIAL PARA SEXTO CURSO

LISTADO DE LIBROS (OLLO EN INFANTIL, MATEMOLA NON. A mestra de infantil xa comunicou esta nova ás familias telefonicamente.

Distribuir contido