APERTURA DO PLAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES DE COMEDOR CURSO 2016/2017

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Mosteiro de Caaveiro, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2016/2017

 

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo de curso 16/17, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 20 de setembro de 2016, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2016.

Durante o curso escolar 2016/2017 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas