HOXE VISÍTANOS PAULA CARBALLEIRA

Hoxe, 21 de abril, dentro das celebracións do DÍA DO LIBRO no noso cole, contamos coa visita da escritora, contacontos e actriz galega Paula Carballeira.

Agardamos impacientes!

 

 

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNOS E ALUMNAS PARA O ANO: 2016/2017

1. Martínez Rodríguez, Celia ________________ S _________________18 puntos.

2. Bouza Piñón, Lía _______________________ S _________________ 17 puntos.

3. Arnoso Anca, Xoel _____________________ S __________________ 14 puntos.

4. Pérez Gabeiras, Xandre _________________ S ___________________  7 puntos.

BRINQUEDOS NA UCS (Universidade de Santiago de Compostela)

 

 

 

O NOSO PROXECTO DE XOGOS

 O venres 15 de Abril de 2016 o noso colexio presentará o proxecto Brinquedos na Universidade de

Santiago. Será na Facultade de Ciencias da Educación, a partires das 18,30 horas.

 

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2016/2017

 ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN

 

 

DESDE O DÍA            1 DE MARZO

 

ATA O DÍA                29 DE MARZO

 

 

 Poden recoller a documentación na secretaría do Centro de luns a venres de 12 a 13 h.

 

          Máis información do decreto de admisión e intrucións da consellería no taboleiro interior do Colexio.                                                                

 

                                               A Capela, 17 de febreiro de 2016

 

    (adxúntanse arquivos para descargar directamente dende a páxina)

BOAS FESTAS E VENTUREIRO ANO NOVO!!!

                                                                  Ilustración orixinal de Leandro Lamas

FESTIVAL DE NADAL 2015

Comuicámoslles  que  o vindeiro venres, día 18 de decembro, celebraremos como é costume o FESTIVAL DE NADAL no salón de actos da Cooperativa dos Calzados que dará comezo arredor das 10:00 h.

         Comezaremos cunha obra de teatro agasallo da editorial Santillana e despois actuará todo o alumnado do centro . Tamén contaremos coa visita dos Reis Magos e algunha sorpresa máis por parte da nosa ANPA .

Os transportes farán os seguintes itinerarios:

T.1 – Saída ás 9:00 h. pasando por: Alto da Serra, Soaserra, Lavandeira, Regüela, Formariz, Vilar de Mouros, A Grúa, Racamonde, A Buíña, Curbeira, Paizás, Igrexa de Caaveiro, A Porta, Os Calzados.

T.2 – Saída ás 9:15 h. do Colexio pasando por: Penagrande, Seixo, Filgueiras, Teixeira, Sande, Os Calzados.

T.3 – (García) Saída ás 9:15das Neves pasando por: A Ribeira, O Poboado, A Estoxa, Mende, Gunxel, Vilasuso, Os Calzados.

 

Os nenos/as da zona das Neves utilizarán o transporte 2.

 

Á volta (sobre as 13 horas) os percorridos serán os mesmos pero á inversa. O alumnado que volte á casa coa familia, que avise ao seu titor/a.

 

LEMBRAMOS QUE AS VACACIÓNS DE NADAL SERÁN DO 19 DE DECEMBRO ATA O 6 DE XANEIRO, AMBOS INCLUSIVE.

SEGUNDA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DO MATERIAL ESCOLAR

ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicospara o curso escolar 2015/16

Segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar destinado ao alumando que non poidese acollerse ás axudas reguladas na Orde do 25 de agosto e sendo excluido por unha causa enmendable.

PRAZO ATA O 21 DE NOVEMBRO DE 2015.

 Máis información no DOG Núm. 214 do 10 de novembro de 2015 e na secretaría do centro e na páxina.

INFORMACIÓN PARA O PROCEDEMENTO DE IMPLANTACIÓN DA XORNADA DE MAÑÁ

 

A petición da ANPA e en base á demanda de numerosas familias que prefiren a xornada que temos establecida en Setembro e Xuño para todo o ano, iniciamos o procedemento para tentar modificar o horario do centro para os vindeiros cursos escolares.

            A Orde que establece dito procedemento é a do 29 de Maio de 2008 e enumera unha serie de requisitos a acadar:

  • Acordo de 3/5 do Consello Escolar
  • Acordo de 3/5 do Claustro
  •  Informe favorable do Servizo de Transporte
  • Acordo favorable do 58% do total do censo de pais/nais ou titores legais do alumnado.
  • Elaborar un plan específico de actividades extraescolares para o curso que ven.

Comezaremos o procedemento convocando un Consello Escolar, en sesión extraordinaria, e seguidamente o Claustro. De saír favorable o resultado en ambos, para conseguir a xornada continua, solicitarase o informe ó Servizo de Transporte.

De ser tamén favorable o informe solicitado a Transporte, organizarase unha rolda de información, dun mes de duración, para pais/nais e titores legais sobre o plan de actividades extraescolares e sobre como funcionará o centro coa nova xornada.

Calculamos que decembro e xaneiro poderán ser ese mes de información necesario e posteriormente as votacións.

Aclarar que dito horario non influiría no feito de ter comedor. Unicamente afectaría se neste baixara o seu número de usuarios.

Os horarios que se barallan como posibles serían:

  •   De 9:15 a 14:15 a xornada escolar e de 14:15 a 15:15 o comedor.
  •    De 9:30 a 14:30 a xornada escolar e de 14:30 a 15:30 o comedor.

 

Informar que tanto a dirección do centro como a ANPA están á vosa enteira disposición para aclarar calquera dúbida pero que se explicará todo con detalle na fase de información establecida, se os procedementos anteriores foran positivos á xornada continua.

Distribuir contido