ABERTO O PRAZO PARA A ADMISIÓN DE COLABORADORES NA VIXIANZA DO COMEDOR ESCOLAR

 

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2015-2016, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 28 de setembro de 2015, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2015 .

Durante o curso escolar 2015 -2016 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

 

CURSO 2015-2016

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 

No DOGA do 1 de setembro apararecen publicadas as axudas para a adquisición de material escolar destinadas aos alumnos matriculados en educación primaria, ESO e educación especial. Terán dereito a esta axuda aquelas familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 5.400€

 

O primeiro día de clase os nenos levarán os impresos de solicitude correspondentes ás casas, e estas deberán ser presentadas na secretaría do centro antes do 30 de setembro, pero pregamos facelo canto antes para poder xerar os vales o antes posible.

No seguinte enlace pódese consultar os requisitos para solicitalas. DOGA

 

 

 

19 DE XUÑO, FIN DE CURSO

O venres 19 de xuño de 2015, o horario de chegada será o de costume, ás 9.30h. Os nenos non necesitan traer mochilas nin merenda. O centro proporcionará unha pequena merenda, a media mañá. A hora de saída será ás 13.00h. Os buses farán o percorrido habitual.

 

BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS PARA TODOS!!!

 

 

LISTADO DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2015/2016

                         

 

             Adxúntanse os  listados de libros e material para o próximo curso 2015/2016. Poden descargalo clicando en ficheiros adxuntos.

 

 

 

 

O NOSO CENTRO PARTICIPOU NO I CONGRESO DE CENTROS EDUCATIVOS "ESCOLAS EN ACCIÓN" de REDE NATURA 2000

O pasado venres 5 de xuño, os rapaces e rapazas de 5º e 6º do noso centro participaron no I Congreso de Centros Educativos "Escolas en Acción", celebrado na Cidade da Cultura, en Santiago e organizado por CEIDA,  cun proxecto titulado "As fragas do Eume, patrimonio natural e cultural". Asimesmo, levaron a cabo unha exhibición dos xogos tradicionais que estamos a traballar na escola e dos que nos sentimos tan orgullosos. Todo un éxito. Deixámosvos unhas fotos para que vexades como foi o congreso. En breve o documental das Fragas.

 

 

 

CONVOCADAS AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Está publicada no DOG do día 1 de xuño as ordes polas que se convocan axudas para

a adquisición de libros de texto e se regula o fondo solidario de libros de texto destinadas ao alumnado  de educación primaria  e secundaria obrigatoria.

 

As instancias pódense recoller no centro (unha por cada alumno/a) ou descargar no enderezo http://edu.xunta.es e presentaranse no centro de novo xunto, co resto da documentación, para a súa tramitación.

O prazo para presentalas para primaria é do 2 de xuño ata o 1 de xullo, aínda que, para axilizar os trámites e poder entregar os vales correpondentes canto ante,s pregámoslles as entreguen o máis pronto posible ( antes do 18 de xuño) , en horario de 11:10 a 12:00 horas .

 

(picar en arquivos adxuntos para ver ou imprimir as ordes. En "comunicado familias" figuran os requisitos e documentación a entregar)

DÍA DO LIBRO CON ANTÓN CORTIZAS

O 23 de abril celebramos o Día do Libro con Antón Cortizas. Un día inesquecíbel para todos.

 

LISTAXE DEFINITIVO DE ALUMNOS/AS ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2015/2016

 

4º Educación Infantil

 

Apelidos e nome

Admitido/a

Puntuación total

1

Gama Pérez , Nerina

S

20

2

Meizoso Antón , Breogán

S

18

3

Corral Rodríguez , Daniel

S

17

4

Seijas Pardo , Ainara

S

10

5

Tabares Paz , Adrián

S

10

6

Fernández Martínez , Alexia

S

10

7

Pérez López , Hugo

S

7

8

Permuy Piñeiro , Manuel

S

7

9

Tenreiro Sobredo , Andrea

S

7

10

Breijo Criado , Ainhoa

S

4

 

 

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2015/2016

 

 

DESDE O DÍA            1 DE MARZO

 

ATA O DÍA                  20 DE MARZO

 

Poden recoller a documentación na secretaría do Centro de luns a venres de 12 a 13h..

Máis información do decreto de admisión e intrucións da consellería no taboleiro interior do Colexio ou nesta web. (arquivos adxuntos).

    (adxúntanse arquivos para descargar directamente dende a páxina)

 

Distribuir contido