Modelo de autodeclaración e especificacións para obter a contía a pagar no comedor escolar

Adxúntase o modelo de autodeclaración e especificacións que todas as familias deben cubrir para obter a contía a pagar mensualmente correspondente ao comedor escolar 2013-2014.

Este impreso pode cubrirse directamente no arquivo adxunto, e unha vez cuberto, debese imprimir e entregar na secretaría do centro.

Tamén se poden recoller os impresos na secretaría.

 

* Os impresos deben ser entregados no centro antes do 25 de setembro de 2013.


Aberto o prazo para solicitudes de atención e vixianza do comedor

Xa está aberto o prazo para a admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores para a vixianza e atención do comedor escolar no curso 2013 - 2014.

Os interesados deben pasar polo centro e poñerse en contacto coa encargada de comedor.

COMEZO DO CURSO 2013 - 2014

O próximo mércores, 11 de setembro comezarán as clases para este curso 2013-2014 no seguinte horario:

- Educación Infantil e Primaria

  Horario de clases: de 9:30h. a 14:20h.

Horario de comedor: de 14:20h. a 15:15h.

 _ Educación  infantil 4º curso (3 anos)

O alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) incorporarase segundo as instrucións do profesorado que xa foron comunicadas ás respectivas familias na reunión de principio de curso.

 * LEMBRAR, durante o mes de setembro os nenos deben traer unha pequena merenda para tomar a media mañá. Preferiblemente lácteos, bocadillos e zumes. Non traer chucherías nin bolos industriais.

 

Listado de libros para o curso 2013/2014

Adxúntanse os arquivos correspondentes aos libros para o próximo curso 2013/2014.

Premer en arquivos adxuntos.

Distribuir contido