PARTICIPAMOS NO XI ENCONTROS DE XOGOS TRADICIONAIS - BRINQUEDIA

  O sábado 27 de maio o alumnado do noso centro, acompañado por tres mestres, asistiron ao XI Encontro de Xogos Tradicionais organizado por Brinquedia.

Como sempre foi un día especial.

 

 

Preme en Brinquedia, para ver máis fotos

 

 

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2017/2018

Con data 22de maio de 2017, publicouse a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e onde se convocan as axudas para a adquisición dos libros de texto e material escolar para o curso 2017-18, para todo o alumnado de centros sostidos con fondos públicos.

O FONDO SOLIDARIO está vixente nos cursos en primaria.

As AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO están destinadas ao alumnado que curse 1º ou 2º de Primaria.

As AXUDAS PARA MATERIAL son para o alumnado de todos os cursos que cumpran as condicións fixadas na devandita orde.

Podedes consultar as bases e a convocatoria no portal da Consellería,

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

ou no DOGA correspondente. 

As instancias pódense recoller no centro (unha por cada alumno/a) ou descargar  ANEXO no

enderezo http://edu.xunta.es e presentaranse no centro de novo xunto co resto da documentación para a súa tramitación.

O prazo para presentalas  é  ata o 23 de xuño , aínda que para axilizar os trámites e poder entregar os vales correpondentes canto antes pregámoslles as entreguen na Secretaría do centro  o máis pronto posible neste mes de maio , en horario de 11.10 a 12.00 horas .

O alumnado que o vindeiro curso 2017-2018 curse 1º e 2º de primaria pode solicitar axudas para libros e para material . Os que cursen 3º e 4º poden solicitar participar no fondo solidario e tamén poden pedir a axuda para material . Por último , os/as alumnos/as que vaian cursar 5º e 6º soamente poden solicitar axudas para material , pois ao estar no proxecto EDIXGAL non precisan libros de texto 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMADO - ADMISIÓN CURSO 2017/2018

1 BASOA SECO, ICÍA
2 BLANCO PATIÑO, MARTÍN
3 FERNÁNDEZ ARNOSO, TOMÁS
4 GABEIRAS SANCHEZ, NAIARA
5 GAMA PÉREZ, CARLA
6 MEIZOSO LÓPEZ, THIAGO
7 MEIZOSO LÓPEZ, YAIZA
8 MEIZOSO PAZOS, XABI
9 PAZ PICO, XOEL
10 TEIXIDO COUSO, ANTÓN
   

SUSPENSIÓN TRANSPORTE ESCOLAR POLO TEMPORAL DE NEVE

Estimadas familias:

A dirección do centro comunícalles  que mañá mércores 22 marzo,  debido a un probable temporal de neve, non se suspenden as clases pero sí o transporte escolar, a partir das 12.00h. Polo tanto, o alumnado que asista ao centro deberá ser recollido, na tarde, polas respectivas familias. O xoves tampouco haberá transporte, no percorrido da mañá.

 Adxuntamos a comunicación da xefatura territorial co aviso para mércores 22 e xoves 23.

 

A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra; e entre as 8:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, na zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense.

 

Estean atentos a outros posibles avisos na web.

HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

O pasado venres 17 de marzo o alumnado de 5º e 6º do noso centro asistiu á homenaxe ao escritor Agustín Fernández Paz no Auditorio de Ferrol. O noso centro traballou a súa figura durante varias semanas e preparou para esta conmemoración un mannequin challenge e un book-trailer sobre a súa figura.


CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2017/2018

PRESENTACIÓN SOLICITUDE DE ADMISIÓN  DO 1 AO 20 DE MARZO
PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA 10 días hábiles contados a partires de 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión
PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS  ANTES DO 25 DE ABRIL
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS  ANTES DO 15 DE MAIO 
FORMACIÓN DA MATRÍCULA EN EI E EP  ENTRE O 20 E O 30 DE XUÑO
Distribuir contido