DÍA DO PEÓN - 9 DE NOVEMBRO

 

O venres, 9 de Novembro de 2018, a partires das 13:00h.  celebraremos no cole o Día do peón. Todas as familias do centro estades convidadas a participar bailando os peóns cos vosos fillos e fillas. Esta actividade está convocada por Brinquedia, a rede galega do xogo tradicional.

dia_do_peon.jpg

 

 

2 DE NOVEMBRO - DÍA NON LECTIVO

Lembramos que o próximo 2 de novembro será día non lectivo escollido polo centro, polo tanto non haberá clase.

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR NO CURSO 2018/2019

 

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Mosteiro de Caaveiro, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2018/2019

 

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo do curso 2018/2019, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 20 de setembro de 2018,podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2018.

Durante o curso escolar 2018/2019 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

 

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2018/2019

 

O próximo mércores 12 de setembro comezarán as clases no CEIP Mosteiro de Caaveiro.

Lembramos que o horario escolar é o seguinte:

- 9.30h a 14.30h xornada lectiva

- 14.30h a 15.30h comedor escolar

- 15.30h saída do transporte 

 

* Os martes o comedor escolar prolongarase ata as 16.15h, con servizo de transporte a continuación.

 

 Lembrade que o alumnado de 4º de Infantil (3 anos), conforme á lei, iniciará o período de adaptación seguindo as indicacións feitas pola titora na reunión coas familias.

Recomendamos que o alumnado traía unha pequena merenda saudable para tomar no recreo.

 

* NOTA: A empresa concesionaria de transporte comunica que as rutas e horarios dos autobuses non sufriron ningún tipo de modificación.

 

 

 

LISTADO DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2018/2019

 

RELACIÓN DE LIBROS PARA O CURSO 2018/2019 (CLICK AQUÍ)

RELACIÓN DE MATERIAIS ESCOLARES PARA O CURSO 2018/2019 (CLICK AQUÍ)

 

 

 

FIN DE CURSO 2017/2018

O PRÓXIMO XOVES, 21 DE XUÑO SERÁ O ÚLTIMO DÍA LECTIVO.

O HORARIO SERÁ O HABITUAL.

LEMBRAMOS  QUE POLA TARDE SE CELEBRARÁ A FESTA DA ANPA DE 15.30 H A 20.00H.

AXIÑA SE PUBLICARÁN OS MATERIAIS PARA O PROXIMO CURSO.

 

BO VERÁN A TODOS.

INFORMACIÓNS VARIAS DA ANPA - MAIO 2018

 

A ANPA DO CENTRO COMUNICA QUE AS ACTIVIDADES ESTRAESCOLARES REMATARÁN

O VINDEIRO MÉRCORES 20 DE XUÑO. 

 

Ata ese día as actividades discorrerán con total normalidade

 

(esta e outras informacións da ANPA, dentro do bloque ANPA - NOVAS desta web, consultar)

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2018/2019

No DOGA do 21 de Maio de 2018 aparece publicada a Orde do 9 de maio de 2018 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2018-19, destinada ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

FONDO SOLIDARIO: cursos 3º, 4º de Ed. Primaria. Mantense os libros do curso 2017-18.

AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Ed. Primaria ou alumnos con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), con rendas igual ou inferior a 9.000€. Tamén para alumnado de educación especial (EE) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% sen límite de renda.

MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Ed. Primaria, rendas igual ou inferiores a 5.400€.

 O alumnado de 5º, 6º de EP,  que participan no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL) no curso 18-19 queda excluído da participación no fondo solidario de libro de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

prazo para presentación da solicitude ata o 8 de xuño de 2018. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros, onde cubrirán os datos, gardaranos e obtendo un nº de solicitude e despois poderán imprimir a solicitude e o anexo II e presentalo no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.  

 Máis información na Secretaría do centro e nos seguintes enlaces:

 Orde do 9 de maio de 2018

 Anexos I e II da orde:

Distribuir contido