HOXE VISITOUNOS MALIBÚ DA CASA GRANDE DE XANCEDA

 

Hoxe tivemos a sorte de ter con nós a Malibú, unha cadeliña que foi rescatada do abandono e que agora visita aos coles, para ensinarlles aos nenos e nenas a ser máis responsables, máis solidarios e a ter unha maior sensibilidade e respecto cara os animais. Dende logo foi unha xornada inesquecible!

 

Graciñas Malibú e Adriana!

FESTIVAL DE NADAL 2018

 


Comunicámoslles  que  o vindeiro venres, día 21 de decembro, celebraremos como é costume o FESTIVAL DE NADAL, que dará comezo arredor das 10:00 h. Este ano será no colexio.

Comezaremos cun “Cantaxogos de Nadal” agasallo da ANPA e despois actuará todo o alumnado do centro. Tamén contaremos coa visita dos Reis Magos e algunha sorpresa máis por parte da nosa ANPA.

 

LEMBRAMOS QUE AS VACACIÓNS DE NADAL SERÁN DO 21 DE DECEMBRO ATA O 7 DE XANEIRO, AMBOS INCLUSIVE.

 

RESULTADO DAS VOTACIÓNS DOS REPRESENTANTES DE PAIS E NAIS NO CONSELLO ESCOLAR

 

Hoxe, xoves 22 de novembro, celebráronse as votacións para a elección de representantes de pais e nais no Consello Escolar. Os resultados das mesmas foron os seguintes:

  •  10 votos - Sonia Mª Gato Barro
  • 13 votos - Mª José Meizoso López

 

VOTACIÓNS PARA A ELECCIÓN DE PAIS E NAIS NO CONSELLO ESCOLAR

 

As candidaturas de pais/nais para elexir representante no Consello Escolar son as seguintes:

        - Sonia Mª Gato Barro

         - Mª José Meizoso López 

 

As votacións terán lugar o xoves 22 de novembro de 15:30 a 17:30 h.

 

 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS POLO SAMAÍN

2222222222.jpg

Moitas grazas aos nenos e nenas e ás familias pola vosa colaboración

 

CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR

Comunicamos que está aberto o prazo para a presentación de candidaturas para membros do Consello Escolar. 

Os/as pais/nais interesados en presentarse poden recoller o impreso correspondente na Secretaría do Centro.

O prazo está aberto ata o 16 de novembro de 2018.

Lembramos que a data da votación será o xoves 22 de novembro de 2018 de 15:30h a 17:30h.

 

Distribuir contido