LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2019/2020

 

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2019/2020, PRESENTADAS NESTE CENTRO, FORON ADMITIDAS.

VISÍTANOS MARÍA CANOSA

Con motivo da celebración do Día do Libro, tivemos connosco á escritora María Canosa, coa que compartimos unhas horas nunha xornada inesquecible.

18 DE MARZO - DÍA NON LECTIVO

 

Lembramos que o próximo 18 de marzo será día non lectivo escollido polo centro. As clases reanudaranse, polo tanto, o mércores 20.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2019

 


Para conmemorar dita celebración, estivo con nós Javi Iglesias Villanueva, árbitro de segunda división e veciño de Pontedeume. Deunos unha interesante charla sobre os valores no fútbol, no deporte e na vida en xeral.

 

CHARLA: HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES

 

No día de onte, recibimos a visita da farmacéutica Noa Rey para impartirnos unha charla moi interesante sobre hábitos de vida saudables. Nela poidemos aprender: cantas comidas temos que facer ao día, a importancia dunha boa hixiene, o valor dun bo descanso , a conveniencia da realización de exercicio físico diario ...

COLEXIO OFICIAL DE FARMACÉUTICOS DE A CORUÑA

HOXE VISITOUNOS MALIBÚ DA CASA GRANDE DE XANCEDA

 

Hoxe tivemos a sorte de ter con nós a Malibú, unha cadeliña que foi rescatada do abandono e que agora visita aos coles, para ensinarlles aos nenos e nenas a ser máis responsables, máis solidarios e a ter unha maior sensibilidade e respecto cara os animais. Dende logo foi unha xornada inesquecible!

 

Graciñas Malibú e Adriana!

Distribuir contido