XUNT@S CONSEGUIRÉMOLO!

Xa queda menos... moito ánimo!

 

Xunt@s conseguirémolo! 

XOGOS PARA ESTES DÍAS E PARA TODOS OS DÍAS

Xogar, enredar, é un xeito de que haxa relación entre os diferentes membros da familia. Fai click enriba da imaxe e poderedes atopar unha gran variedade de xogos tradicionais, unha sección de papiroflexia, xoguetes para construír...

 

LEMBRADE: Xogar non é perder o tempo, é unha necesidade e unha aprendizaxe imprescindible para a vida.

 

NOTA DE PATRIMONIO LÚDICO GALEGO 

INSTRUCIÓNS PARA A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS A COMEDORES (COVID-19)

 

Estimadas familias,

Con data 30 de marzo foron convocadas pola Consellería de Educación unhas axudas ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuidade total e do que por renda familiar resulta pagador de 1 euro do servizo de comedor en centros públicos.

Consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, correspondente aos días lectivos de suspensión das clases pola pandemia do COVID-19.

O prezo máximo a satisfacer en concepto de compensación ascende a:

  • Nos casos de gratuidade total: 2,50€ por día.
  • Nos casos de obriga de pago de un euro: 1,50€ por día.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada. Son necesarios para a tramitación mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e de Chave 365.

Para aquelas familias que non poden realizar a tramitación a través do procedemento anteriormente mencionado poderán solicitar axuda ao centro, comunicando telefonicamente ou a través do correo electrónico os seguintes datos:

  •  DNI ou NIE da persoa representante legal do alumno/a
  •  Nome e apelidos da persoa representante.
  •  Nome, apelidos e curso dos fillos/as.
  •  Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

Pregamos que aqueles que dispoñan de correo electrónico envíen estes datos á dirección (ceip.mosteiro.caaveiro@edu.xunta.es). Os que non dispoñan deste medio poden facelo a través do teléfono 881938153.

O prazo para enviar a información remata o 6 de abril ás 14:00horas.

 

A dirección

AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

 

Segundo as Instrucións do 27 de marzo, o segundo trimestre será avaliado co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais.

Os pais, nais ou titores poderán ter información de dita avaliación a través da aplicación Abalar a partir do día 3 de abril. Recoméndase ás familias que descarguen dita aplicación para poder obter estes e outros datos sobre a educación dos seus fillos ou/e fillas. 

 

INFORMACIÓN SOBRE O CORONAVIRUS

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación co Covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.

No seguinte enlace atópanse ditas medidas: https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Por outra banda, informámoslles que mañá venres 13 de marzo, o noso centro permanecerá aberto (no horario habitual) para recibir ao alumnado que, de xeito voluntario, desexe vir.

Calquera novidade ou información que se nos vaia comunicando, iremos informando a través da páxina web.

 

Novas Instruccións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: 

        http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

 

 

Distribuir contido