FESTIVAL DE NADAL

Comunicámoslles que o venres día 20 de decembro, celebraremos como é costume o FESTIVAL DE NADAL, que dará comezo arredor das 10:00 h. no salón de actos da Cooperativa dos Calzados.

Comezaremos cunha actuación agasallo da ANPA e despois actuará todo o alumnado do centro. Tamén contaremos coa visita dos Reis Magos e algunha sorpresa máis por parte da nosa ANPA.

 LEMBRAMOS QUE AS VACACIÓNS DE NADAL SERÁN DO 21 DE DECEMBRO ATA O 7 DE XANEIRO, AMBOS INCLUSIVE.

 

Ata sempre , Javi

Hoxe temos que despedir ao noso compañeiro e amigo Javier Fernández , coidador neste centro durante os últimos doce anos . 

Ímoste botar moito de menos pero sempre nos quedará o teu recordo .

Ata sempre compañeiro!

25 de Novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

 

     

Hoxe conmemoramos no Ceip Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro o Día Contra a Violencia. Ademais doutras actividades, tivemos a actuación da contacontos Celtia Figueiras que representou a obra "U-la Lúa?".

PEÓN 2019

    

            

DÍA DO PEÓN - 11 DE NOVEMBRO

 

O luns, 11 de Novembro de 2019, a partires das 13:00h.  celebraremos no cole o DÍA DO PEÓN. Todas as familias do centro estades convidadas a participar bailando os peóns cos vosos fillos e fillas. Esta actividade está convocada por Brinquedia, a rede galega do xogo tradicional.

Distribuir contido