REAPERTURA DUN NOVO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR NO CURSO 2019/2020

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo do curso 2019/2020, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría.

O prazo permanecerá aberto ata o día 20 de decembro de 2019.

Durante o curso escolar 2019/2020 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

ANTÓN FRAGUAS E A FESTA DOS MONICREQUES

O pasado martes 17 de setembro, na biblioteca municipal de A Capela visitounos Larraitz Urruzola, que co seu espectáculo de monicreques percorreu parte da historia da nosa terra.

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR NO CURSO 2019/2020

 

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2019/2020

 

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo do curso 2019/2020, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 20 de setembro de 2019, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2019.

Durante o curso escolar 2019/2020 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2019/2020

 

O próximo mércores 11 de setembro comezarán as clases no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro.

Lembramos que o horario escolar é o seguinte:

- 9.30h a 14.30h xornada lectiva.

- 14.30h a 15.30h comedor escolar.

- 15.30h saída do transporte .

 

* Os martes o comedor escolar prolongarase ata as 16.15h, con servizo de transporte a continuación.

 

Lembrade que o alumnado de 4º de Infantil (3 anos), conforme á lei, iniciará o período de adaptación seguindo as indicacións feitas pola titora na reunión coas familias.

Recomendamos que o alumnado traía unha pequena merenda saudable para tomar no recreo.

 

* NOTA: A empresa concesionaria de transporte comunica que as rutas e horarios dos autobuses non sufriron ningún tipo de modificación.

 

COMEZAMOS!

 

 

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2019/2020

 

 

LISTADO DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2019/2020

 

RELACIÓN DE LIBROS PARA O CURSO 2019/2020 (Click AQUÍ)

 

RELACIÓN DE MATERIAIS ESCOLARES PARA O CURSO 2019/2020 

1º de E.P.  2º de E.P.  3º de E.P  4º de E.P.  5º de E.P.  6º de E.P. 

 

 

 

SIMULACRO PLAN DE AUTOPROTECCIÓN

              

O pasado mércores 5 de xuño, coa colaboración do equipo de Protección Civil de As Pontes, tivemos un simulacro de incendio no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro. Esta actividade estivo coordinada pola empresa Previnem e forma parte do Plan de Autoprotección do centro.

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2019/2020

No DOGA do 20 de Maio de 2019 aparece publicada a Orde do 3 de maio de 2019 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2019-2020, destinada ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

FONDO SOLIDARIO: cursos 3º, 4º de Ed. Primaria. Manteñense os libros do curso 2018-2019.

AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Ed. Primaria ou alumnos con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), con rendas igual ou inferior a 9.000€. Tamén para alumnado de educación especial (EE) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% sen límite de renda.

MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Ed. Primaria, rendas igual ou inferiores a 5.400€.

 O alumnado de 5º, 6º de EP,  que participan no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2019/2020 queda excluído da participación no fondo solidario de libro de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

prazo para presentación da solicitude ata o 7 de xuño de 2019. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros, onde cubrirán os datos, gardaranos e obtendo un nº de solicitude e despois poderán imprimir a solicitude e o anexo II e presentalo no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.  

 Máis información na Secretaría do centro e nos seguintes enlaces:

- Orde do 3 de maio de 2019

- Anexo I  e II

Distribuir contido