REAPERTURA DUN NOVO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR NO CURSO 2019/2020

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo do curso 2019/2020, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría.

O prazo permanecerá aberto ata o día 20 de decembro de 2019.

Durante o curso escolar 2019/2020 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.