FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2019/2020

No DOGA do 20 de Maio de 2019 aparece publicada a Orde do 3 de maio de 2019 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2019-2020, destinada ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

FONDO SOLIDARIO: cursos 3º, 4º de Ed. Primaria. Manteñense os libros do curso 2018-2019.

AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Ed. Primaria ou alumnos con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), con rendas igual ou inferior a 9.000€. Tamén para alumnado de educación especial (EE) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% sen límite de renda.

MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Ed. Primaria, rendas igual ou inferiores a 5.400€.

 O alumnado de 5º, 6º de EP,  que participan no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2019/2020 queda excluído da participación no fondo solidario de libro de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

prazo para presentación da solicitude ata o 7 de xuño de 2019. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros, onde cubrirán os datos, gardaranos e obtendo un nº de solicitude e despois poderán imprimir a solicitude e o anexo II e presentalo no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.  

 Máis información na Secretaría do centro e nos seguintes enlaces:

- Orde do 3 de maio de 2019

- Anexo I  e II

AdxuntoTamaño
Orde.pdf1.16 MB
anexo_I_II.pdf2.32 MB