FESTIVAL DE NADAL 2017

O vindeiro xoves 21 de decembro celebraremos, como é costume, o Festival de Nadal no salón de actos da Cooperativa dos Calzados. O festival dará comezo ás10.15h.

Transportes:

T.1. - Saída ás 9.15 h.

Pasará por: Alto da Serra, Soaserra, Lavandeira, Regüela, Formariz, Vilar de Mouros, A Grúa, Racamonde, A Buíña, Curbeira, Paizás, Igrexa de Caaveiro, A Porta e Os Calzados.

T.2. - Saída ás 9.30 h do colexio

Pasando por: Penagrande, Seixo, Filgueiras, Teixeira, Sande e os Calzados.

T.3. - Saída ás 9.30 h 

Sairá das Neves pasando por: A Ribeira, O Poboado, A Estoxa, Mende, Gunxel, Vilasuso e Os Calzados.

Os nenos e nenas da zona das Neves utilizarán o transporte 2

* Á volta (sobre as 13.00h) os percorridos serán os mesmos pero á inversa.

 

Importante: O alumnado que volte á casa coa familia debe avisar ao seu titor.

 

DÍA DO ENSINO - 7 DE DECEMBRO

 

Lembramos a todas as famiias do centro que, o próximo xoves 7 de decembro é o día escollido pola Consellería como " Día do Ensino" polo tanto non será lectivo e non haberá clase.

25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este venres 24 de novembro adiantamos o Día Internacional contra a violencia de xénero. Foron moitas as actividades que fixemos ao longo da semana nas aulas: cantamos cancións contra a violencia, contamos contos sobre princesas que non querían casar e outras que non querían ser princesas aburridas. Tamén fixemos un concurso de slogans contra a violencia de xénero... Todo isto cunha conmemoración final na Aula de Música na que participou todo o alumnado e o profesorado do centro. Os mestres e mestras do centro sumámonos, tamén, á campaña "en negro contra as violencias". Un día para concienciarnos e todos os do ano para actuar.O slogan gañador foi:

"NON MALTRATES, DEIXA VIVIR".

 

 

 

 

 

DÍA DO PEÓN - 11 de novembro

O venres , 10 de Novembro de 2017, a partires das 13.00h.  celebraremos no cole o Día do peón. Todas as familias do centro estades invitadas a participar bailando os peóns cos vosos fillos e fillas. Esta actividade está convocada (a nivel galego e tamén doutras partes de España) por Brinquedia, a rede galega do xogo tradicional.

Aquí están algúns traballos que se foron facendo ao longo da semana. Axiña, máis.

 

            

 

 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS POLO SAMAÍN

Sen lugar a dúbidas as familias derrochan imaxinación. Cada ano son máis bonitas e creativas as cabazas dos nosos rapaces e rapazas. 

Moitas grazas ás familias e a todos os nosos nenos e nenas polo voso esforzo e a vosa marabillosa colaboración. Superástesvos!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CELEBRANDO O MAGOSTO

Hoxe todo o alumnado do centro, xunto cos mestres e mestras, saímos ao Souto de Gunxel a celebrar o Magosto. Os máis pequenos foron no autobús pero os cursos de primaria demos unha bonita camiñata aproveitando o bo tempo. Alí fixemos xogos tradicionais, tomamos o xantar e, de postre, non podían faltar as castañas asadas. Un día para lembrar!

 

Distribuir contido