CELEBRANDO O MAGOSTO

Hoxe todo o alumnado do centro, xunto cos mestres e mestras, saímos ao Souto de Gunxel a celebrar o Magosto. Os máis pequenos foron no autobús pero os cursos de primaria demos unha bonita camiñata aproveitando o bo tempo. Alí fixemos xogos tradicionais, tomamos o xantar e, de postre, non podían faltar as castañas asadas. Un día para lembrar!