25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este venres 24 de novembro adiantamos o Día Internacional contra a violencia de xénero. Foron moitas as actividades que fixemos ao longo da semana nas aulas: cantamos cancións contra a violencia, contamos contos sobre princesas que non querían casar e outras que non querían ser princesas aburridas. Tamén fixemos un concurso de slogans contra a violencia de xénero... Todo isto cunha conmemoración final na Aula de Música na que participou todo o alumnado e o profesorado do centro. Os mestres e mestras do centro sumámonos, tamén, á campaña "en negro contra as violencias". Un día para concienciarnos e todos os do ano para actuar.O slogan gañador foi:

"NON MALTRATES, DEIXA VIVIR".