Skip to Content

Blogues

NOVAS INSTRUCCIÓNS SOBRE A FINALIZACIÓN DO CURSO

Publicadas as Instrucións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplían e concretan determinados aspectos das Instrucións do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Para ver toda a información preme aquí.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 

- Fondo solidario de libros de texto

(alumnado de 3º e 4º E.P. xa que 5º e 6º ten e-dixgal)

 

- Axudas para a adquisición de libros de

texto (alumnado de 1º e 2º E.P. e o que teña discapacidade

dun 65% polo menos)

 

- Material escolar (alumnado de E.P.)

 

INFORMACIÓN XERAL - Curso 2020-2021 presentación do

20/05 ao 19/06, incluídos

 

Procedemento ED330B

 

REANUDACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

O luns 11 de maio restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma. Os prazos a ter en conta son os seguintes:

  • Presentación de solicitudes: 11 a 18 de maio.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só se hai máis solicitudes que postos e, polo tanto, haxa que baremalas): ata o 26 de maio.
  • Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño.
  • Reclamacións: 3 días hábiles dende a antedita publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño.
 

Matrícula ordinaria para todas as etapas: 1 ao 10 de xullo

Durante o proceso de admisión o centro permanecerá aberto de 10:00 a 13:00 para calquera trámite, dúbida ou consulta.

Pola IGUALDADE no CEIP Plurilingüe de Lousada

Este curso escolar 2018-2019 voltamos a participar por segundo ano no Plan Proxecta Donas de sí.

Sendo conscientes da importancia de concienciar ao noso alumnado sobre unha problemática moi presente na nosa sociedade decidimos continuar a realizar actividades no centro encamiñadas a visibilizar esta situación e a fomentar unha actitude crítica do noso alumnado hacia á mesma. 

Educando as nosas nenas e nenos na igualdade de xénero e de dereitos poremos o noso gran de area para continuar a construir entre todas e todos unha sociedade mellor.

 

 

Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA) - Educación Dixital

Acceso á páxina de contidos do proxecto, EVA dixital, premendo na imaxe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut