Actividades do alumnado de 2º en novembro
Enviado por Anónimo o Lun, 12/03/2018 - 14:35
O alumnado de 2º de EP realizou o pasado mércores, día 15, unha saída ao MUPEGA dentro do marco de actividades enfocadas ao coñecemento da evolución das escolas e as súa función na sociedade.
O alumnado desfrutou coa visualización do vídeo das escolas da posguerra, dos xogos no tempo de lecer…
Participaron activamente na interpretación do cadro de A escola da Doloriñas así como na resolución do crebacabezas do referido cadro e, finalmente, manexaron os obxectos máis representativos que nel aparecen,
Sentarse nos antigos pupitres no que a plumilla e o pizarrín eran os instrumentos de traballo para a escritura así como os coñecer os xoguetes tradicionais, daquela época, supuxo toda unha experiencia para os 74 alumnos e alumnas de 2º.
Cabe destacar que o CEIP López Ferreiro donou no seu momento diversos obxectos tales como mapas cartográficos entre outros, para desfrute dos visitantes.
Visita a CLESA
O alumnado de 2º acudiu á fábrica de Clesa en Caldas de Reis para coñecer de primeira man a elaboración dos iogures a partires do leite.
A visita constou de dúas partes, unha lúdia e dirixida ao coñecemento de datos relativos á produción, da obtencíon do leite, da función desta empresa… e,outra ,na que poideron observar o funcionamento en cadea da maquinaria coa supervisión dos técnicos
A organización desta saída tivo como fin o de profundizar nos seus coñecemntos relativos aos tres sectores do traballo.
O alumnado degustou un dos iogures estrela deste empresa: o iogur de bombón. Tamén recibiu o agasallo dun conto e dun pack de iougures de sabores agradecéndolles o detalle.
A USC ACHÉGASE Á ESCOLA
Da man da profesora titular M.ª Carmen Segura, a USC achegouse á nosa escola.
Co abxectivo de amosar de xeito lúdico e ameno a función dos glóbulos brancos, vermellos e das plaquetas.
A actividade foi moi ben acollida polos nenos e as nenas de 2º xa que comprenderon e valoraron a importancia do sistema inmunolóxico no noso corpo.
Acompañada dunha montaxe e da visualización dun vídeo , a participación activa do alumnado resultou realmente formativa.
O noso agradecemento a Mª Carmen Segura á que agardamos ata outra ocasión!
20 de novembro, Día mundial da Infancia
Enviado por Anónimo o Ven, 11/23/2018 - 14:31
Os nenos e nenas de sexto de primaria do CEIP López Ferreiro exerceron como concelleiros e concelleiras nunha sesión plenaria moi especial,presidida polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para conmemorar o 20 de novembro, día mundial da Infancia.
Os nenos e nenas estiveron traballando nas semanas previas sobre a Convención sobre os dereitos do neno para poder achegar durante o pleno a súa visión de como se ve reflectido este documento na súa vida diaria e a de millóns de nenos e nenas que viven en países menos desenvolvidos. Así, o alumnado incidiu en catro aspectos que recolle esta Convención como a non discriminación, o interese superior do neno e nena, o dereito á vida e a participación dos menores de idade.
Seguridade en internet e acoso escolar
Enviado por Anónimo o Mér, 10/31/2018 - 13:46Profesionais do Corpo Nacional de Policía, estiveron no noso centro, os pasados 23 e 24 de outubro, impartindo ao alumnado de 5º de E.Primaria unha charla sobre seguridade en internet e acoso escolar, completando así o traballo do profesorado nestos temas.
o vindeiro martes día 06 de novembro ás 17:00h, terá lugar no salón multiusos do colexio a charla da Policía, para as familias, sobre o uso e abuso das novas tecnoloxías que fora aprazada
Visita ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller
Enviado por Anónimo o Mér, 10/31/2018 - 13:31O alumnado de 5º de E.Primaria, realizou unha visita ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller, o 26 de outubro.
Alí coñecemos as súas instalacións, os telescopios e tivemos unha pequena conferencia que nos axudou ao completar o que estamos traballando na aula.
Os motores de Patelo
Enviado por Anónimo o Mér, 10/31/2018 - 13:10O pasado 11 de outubro, o alumnado de 6º, tivemos o pracer de desfrutar dunha actividade preciosa que nos preparou o avó dun alumno xunto cun amigo seu. Ofrecéronse a facer algo para completar a materia de Robótica. E ese "algo" resultou ser unha experiencia única, moi interesante, diferente e entrañable tamén. Neste, que quere ser un resumo da actividade, quero plasmar todo o agradecemento e fascinación que sentimos, en nome de alumnas, alumnos e no noso tamén.
Adoitan facer este tipo de presentacións a alumnado maior, incluso universitarios. Tamén as fan para representantes de 70 países que se reúnen de forma periódica en Vigo. Polo tanto a súa dúbida era se o noso alumnado estaría interesado, dúbida típica de quen sendo un xenio engrandece aínda máis coa modestia que amosa. Suxeríronnos que viramos algún vídeo no canal de Youtube Motores Patelo e por suposto pareceunos algo moi especial. Entre eles hai un da súa participación no programa "El Hormiguero 3.0".
Imaxinade o entrañable que poden resultar dous personaxes que viviron con paixón a súa profesión, que aínda seguen a sentir esa mesma paixón xa xubilados, ata o punto de querer transmitila ás novas xeracións e de facelo de forma maxistral.
As rapazas e rapaces non perdían ollo do que vían, nin palabra do que oían. Para eles todo aquilo que lles trouxeron estes dous amigos eran tesouros. Para nós tamén.
Imaxinade a estampa de dous poñentes que trasladan todos os seus recursos nun carro (con coidado máximo), para despregalos con mimo ante nos e deleitarnos ademais con vídeos e relatos épicos das súas experiencias. Imaxinade tamén que veñen acompañados dun "chofer" (avó tamén deste alumno). E sen ver nada máis, non vos parece unha experiencia realmente especial?
Creo que o título da peza que elixín como fondo musical resúmeo moi ben: "Whisper of a Thrill", "O murmurio dunha emoción".
Agora déixovos tamén unha modesta reportaxe gráfica para que poidades asomar un pouquiño ao que nós vivimos.
Actividade BIBLLIOTECA "Día das bibliotecas escolares"
Enviado por Anónimo o Mér, 10/24/2018 - 15:42
Hoxe mércores, 24 de outubro, celébrase o Día das bibliotecas escolares.
E na biblioteca do centro tamén o celebraremos coa entrega das medallas ás mellores lectoras e mellores lectores do curso pasado, así como coa resolución do logotipo gañador para a nosa radio escolar.
Pero ademais, organizaremos pra as familias un obradoiro de animación á lectura que conviñemos en chamar: Ler en familia. Por que e para que?
O obxectivo é achegar as propostas do equipo de dinamización da biblioteca para axudar ás pequenas e aos pequenos no fomento da lectura, e tamén comentaremos que xéneros literarios poden ser máis propicios para animar a ler.
En defintiva, pretendemos crear un espazo de reflexión e diálogo e para iso contaremos, neste primeiro obradoiro, con Patricia Fernández Botana, mestra, especialista no traballo coa tradición oral, e nai desta escola.
Agardamos que a proposta sexa do interese da comunidade educativa, e esperamos por quen se queira achegar na biblioteca do centro o mércores 24 ás 17:00 horas.
II CONCURSO DE NARRACIÓN HISTÓRICA
Enviado por admin o Ven, 10/05/2018 - 12:47O CEIP López Ferreiro, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan o
II Concurso de Narración Histórica
O certame vai dirixido a escolares de 5º e 6º de EP e 1º e 2º de ESO.
Nos arquivos adxuntos poden consultar a carta de presentación e as BASES.
Documentos de Actualización de datos
Enviado por admin o Lun, 09/10/2018 - 11:33Documentos para a actualización de datos do alumnado:
- Instrución saída do alumnado
- Autorización de retirada do alumnado
- Autorización de saídas só ou cun irmán.
- Ficha de datos familiares.
- Ficha informativa (médica) para Educación Física.
- Permiso de actividades complementarias e extraescolares.
- Solicitude para recibir clases de formación relixiosa.
- Permiso de publicación de imaxes.
LISTAXES DE 1º, 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por admin o Xov, 09/06/2018 - 13:45Pinchando AQUÍ poden consultar as listaxes de 1º, 3º e 5º de Educación Primaria para o curso 2018/19.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- seguinte ›
- última »