QUENDAS DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN

  

 

 

 

MATRÍCULA CURSO 2018/19 - ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

 

DOCUMENTACIÓN  necesaria para a matrícula:

  • Solicitude acordo co Anexo III-1
  • 3 fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a alumno/a
  • Fotocopia do libro de vacinas
  • Fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten)
  • Fotocopia do DNI dos proxenitores/titores

Ademais deben cubrir os seguintes impresos:

No caso de que o seu fillo/a deba ser incluído no Programa “Alerta Escolar 061” deben cubrir tamén o seguinte impreso:

Se van usar o Aparcadoiro de Xoán XXIII, deben selar no Colexio a solicitude e entregala despois nas oficinas do Aparcadoiro.

  • Solicitude uso Aparcadoiro.

Poden recoller presencialmente estes impresos no colexio. O horario de secretaría o 20 e 21 de xuño (días lectivos) é de 8:45 a 14:40 o resto dos días será de 9:00 a 13:45h.

Saídas 3º trimestre 1º E. Primaria

Visita guiada Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e á exposición SANTIAGO PINTADO, no Pazo de Fonseca. Co fin de achegar e facer partícipes ao alumnado de 1º das manifestacións artísticas e culturais da cidade de Santiago de Compostela con ampla cultura e tradición, ao longo do terceiro trimestre, os 70 alumnos/as acudiron ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e ao Palacio de Fonseca.

Nestas visitas poideron non so recibir a información das diferentes manifestacións artísticas e desfrutar das coleccións que nelas se amosan, senón participar de forma activa en obradoiros didácticos que lles permitiron desenvoler as súas capacidades gozando do traballo e estimulando así o seu interese pola creación artísitica.

No CGAC, trala visita polas diferentes salas, crearon a súas propais obras de arte.

No Palacio de Fonseca recibiron unha mostra dos diferentes traballos sobre a arquitectura da cidade, investigando a Historia de cada sítio a partir de cadros e bosquexos para posteriormente, na Praza do Obradorio realizar debuxos ao natural da arquitectura que nela observaban.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (DOG do 21 de maio de 2018)

 

 

 

A Consellería ven de publicar a Orde do 9 de maio de 2018  (DOG 21 de maio) pola que se regula o Fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 

 O alumnado matriculado en cursos incluídos no E-DIXGAL no curso 2018/19 está excluído da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para material escolar e á establecida para alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOalumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º,2º,3º e 4º de educación secundaria obrigatoria no vindeiro curso escolar.

 Contía das axudas:

 

Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €

6 libros

Alumnado con renda per cápita familiar entre 5.400 € e 9000 €

4 libros

Alumnado tutela Xunta ou discapacidade superior ao 65%

6 libros

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTOalumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria no curso 2018/19.

 Contía das axudas:

 

Renda per cápita igual ou inferior a 5400€

170€

Renda per cápita superior a 5400€ e inferior a 9000€

90€

Para o alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%

250€ con independencia da renda.

Para o alumnado en situación de garda ou tutela da xunta

contía máxima con independencia da renda.

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR    Alumando matriculado en Educación Primaria e en ESO con renda

                                                                              per cápita igual ou inferior a 5400€.

 
   

                                          Contía das axudas

                                          A contía da axuda será 50€.

 

 

A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no curso 2018/19.

Poderá PRESENTARSE no centro educativo ou a través da Sede Electrónica da Xunta.

  En todo caso, os documentos deben ser válidos no momento da presentación e reflectir a situación familiar e económica a  31/12/2016.

 

  A DOCUMENTACIÓN DEBERÁ PRESENTARSE XUNTO CO ORIXINAL PARA O SEU COTEXO NO CENTRO EDUCATIVO.

 

 Prazos

 

 Ø  Entrega de solicitudes:                                 ______ata 22 de xuño

 Ø  Entrega de libros curso 2017/18                  ______ata 22 de xuño

 Ø  Prazo para gravar solicitudes e devolucións _____ata o 2 de xullo

 Ø  Publicación listaxes provisionais                 _______4 de xullo

 Ø  Prazo pra reclamar as listaxes provisionais ______5 e 6 de xullo

 Ø  Prazo para gravar reclamacións      _______          ata o 10 de xullo

 Ø  Publicación das listaxes definitivas            ______11 de xullo

 

Nota: O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2018/19, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso actual.

 

Poden descargar a solicitude e consultar toda a información nos arquivos adxuntos.

 

 

I Marcha Ciclista Escolar

 

O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria do noso colexio  participaron o pasado venres 18  de maio na I Marcha Ciclista Escolar, organizada polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local,  que buscaba que os alumnos puxeran en práctica o aprendido no parque infantil de tráfico de Amio, así como promover o uso da bicicleta.

Día dos museos. Museo das peregrinacións

Conmemorando o día internacional dos museos, o alumnado de 4º de E. Primaria disfrutou de O Paroleiro, “Os contos de Pablísimo”, sesión de contacontos de tradición oral na que se empregan recursos como: sombras, monicreques, poemas numéricos, contos de nunca rematar, cancións e narración oral.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO

Nos arquivos adxuntos poderán consultar as listaxes definitivas de alumnado admitido para o vindeiro curso 2018/2019.

4º Educación Infantil

5º Educación Infantil

2º Educación Primaria

3º Educación Primaria

Non esquezan que o PERÍODO DE MATRÍCULA abrangue dende o 20 ao 30 de xuño (ambas as datas incluídas) e que teñen a REUNIÓN DO PLANO DE ACOLLIDA DO ALUMNADO NOVO o 27 de xuño ás 11h.

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2018/19

Nos arquivos adxuntos poderán consultar as listaxes provisionais de alumnado admitido para o vindeiro curso 2018/2019.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS:

Lembren que poden formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte da súa publicación.

As listaxes definitivas exporanse, se non se producen reclamacións, a vindeira semana. De haber algunha reclamación, publicaranse antes do 15 maio.

Visita á Praza de abastos

O alumnado de 1º visitou o Mercado de Abastos de Santiago para poñer en práctica a Unidade didáctica do Euro e o Sistema Monetario e completar a súa formación sobre a alimentación saudable.

Visitaron  diversos postos entre os que cabe destacar a peixaría, carnizaría e froitaría.  Neles, ademais de recibir a información sobre os artigos en venta,  foron anotando no seu  “caderno de campo” os datos relativos aos precios.  Coñeceron  deste  xeito o valor real e  aplicáronno ás moedas estudadas.

Os vendedores atendereron con moita amabilidade as preguntas que o alumnado era quen de plantexar . 

A xornada rematou coa compra real de pan e flores para as súas familias. Sentíronse moi satisfeitos  por saber facelo por eles mesmos.  

Visita ao CIMUS

O 6 de marzo o alumnado de 6º visitou o Centro de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas (CIMUS), alí puideron observar de primeira man o traballo dos investigadores para loitar contra o cancro, pasaron por distintintos laboratorios, viron células e tecidos ao microscopio, e escoitaron unha interesante charla sobre a investigación neste campo. Moitos saíron dalí coa idea de convertirse en investigadores, quen sabe!!

 

Distribuir contido