Curso 16- 17

Toledo-Santiago-Segovia: Unha experiencia xenial!

Todo comezou cando soubemos que fomos as gañadoras/es do concurso A función social do patrimonio. Grazas a este concurso comezou un “circulo de intercambios”. Así, nós acollemos aos nosos “hospedes” toledanos para amosarlles os encantos da nosa cidade. Do mesmo xeito, nós fomos acollidos polos nosos “anfitrións” segovianos. Pasamos tres días fabulosos aprendendo un cento de cousas na Real Casa de Moneda, sobre o Acueduto, a historia de Segovia, etc.

Mesmo saímos nalgún medio de comunicación. Mirade isto:

 

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/alumnado-do-lopez-ferreiro-intercambia-patrimonio-escolares-toledo-segovia/idEdicion-2017-03-31/idNoticia-1048629/

 

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=15767&lg=gal

 

http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=15810&lg=cas

 

Aquí vos deixamos algunhas das imaxes máis significativas desta fabulosa experiencia   

                

 

Roteiro mitolóxico con "premio"

 O alumnado de 6º A e 6º B saímos novamente de rota para coñecer as figuras mitolóxicas e lendas representadas na Zona Vella da nosa cidade. Para isto procuramos previamente  información na escola e preparamos por grupos unha pequena explicación sobre Cupido, Prometeo, O Bocoi de Santa Clara, as gargolas e gorgonas, etc.

Pasámolo moi ben explicando ás compañeiras e compañeiros todo sobre o que, o cando, o como e o por que das diferentes estatuas e figuras que abrollan polas paredes da zona vella. O mellor de todo é que aínda por riba nos deron un premio no concurso "A función social do patrimonio".

Aquí vos deixamos unha escolma das fotos sobre estes seres e lendas fantásticas!

 

 

Roteiro pola Compostela máis trovadoresca.

O luns 28 de novembro as nenas e nenos de 6º A e 6º B saímos de roteiro para coñecer in situ a historia trovadoresca da nosa cidade. Para isto contamos coa colaboración de Isabel  (profesora da Faculdade de Filoloxía e especialista en lírica medieval galego-portuguesa) que nos introduciu de cheo nas cantigas de Amigo, de Escanio e Maldizer, así como nas chamadas Pastorelas. Tamén falounos dos autores máis representativos da nosa cidade na época na que o galego era usado para compor,cantar e danzar por xentes de toda a peninsula e do estranxeiro. Por iso nós tamén "compuxemos" as nosas cancións, rimas e xogos para por ao día as cantigas e brincarmos polo camiño.

 

    

 

 

Visita ao Mercado de Abastos

Os alumnos e alumnas de 5º de primaria, visitamos onte o Mercado de Abastos de Santiago. Puidemos descubrir os distintos postos do mercado e tamén entrevistamos a vendedores e clientes. Pasamos unha mañán estupenda e aprendemos moitas cousas grazas á xenerosidade da xente do mercado.

 

      

 

 

Visita a Meteogalicia

O martes, 22 de novembro, o alumnado de cuarto visitou Meteogalicia, onde participou nunha serie de actividades como o lanzamento dun globosondaxe, una presentación sobre diferentes aspectos do clima e o tempo atmosférico e una demostración do funcionamento dos diversos aparellos de medición utilizados: anemómetro, termómetro, pluviómetro, heliógrafo… Unha mañá moi proveitosa na que aprenderon moitas cousas!

 

Cineuropa

O alumnado de 5º de E. Primaria asistiron, o 24 de novembro, a unha sesión de Cineuropa, na que viron a película " Ma vie de courgette", que conta a historia dun neno de 10 anos, alcumado Courgette (cabaciña), que é enviado a un orfanato tras a morte da súa nai. A  historia narra como superará as dificultades e integrarase neste novo ambiente no medio dun pequeno grupo de nenos maltratados, coma el, pola vida.

        

Ciencia divertida

O alumnado de cuarto participou nos Obradoiros de Ciencia Divertida organizados pola biblioteca Ánxel Casal durante os xoves 10 e 17 de novembro. Todos os alumnos colaboraron na realización de experimentos divertidísimos cos que comprobaron os cambios nos estados dos líquidos, descubriron por medio do xerador de Van de Graaff como eles poden transmitir electricidade a outros compañeiros e literalmente se lles puxeron os pelos de punta! Realmente pasáronno xenial!

Magosto

O mes de novembro é o mes do Magosto, e son dúas as datas máis correntes para a súa celebración: o día 1 de novembro, festa de Tódolos Santos, ou o día 11, festa de San Martiño.

Este ano escollemos o 11 de novembro, para celebrar o tradicional magosto no cole.

Fixemos xogos: carreiras de sacos, corda, bolos, goma,... e, como non,  comemos as castañas ¡que boas estaban!.

 


Tradición oral

 O xoves 3 de novembro, o alumnado de 2º e 4º E. Primaria participaron no cuarto maratón de tradición oral, organizado pola biblioteca Ánxel Casal.

Alí escoitaron os contos tradicionais, lendas e historias sobre a mitoloxía galega que algúns dos seus compañeiros relataron aos asistentes. 

 

 

 

 

 

Conto musical

O venres, día 14 de outubro, o alumnado de 2º de E. Primaria acudíu á representación do conto “No país de banda” no Auditorio de Galicia.

Os alumnos disfrutaron moito nesta saída na que a banda de música da cidade, coas familias de instrumentos, e Paula Carballeira como narradora, contáronnos a súa historia.

 

 

Distribuir contido